Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra.

Información do curso

Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra.


Tipo Actividades de Voluntariado e Cooperación
Código ESCG-202201
Nome Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra.
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 30
Descrición

Con este curso queremos dar a coñecer os impactos e alternativas do extractivismo en Galicia e noutras zonas do mundo, onde algunhas das sesións serán encontros que se realizarán aproveitando  as visitas de mulleres activistas de Honduras. A través da súa testemuña  visibilizarase o papel das mulleres na defensa da terra e na promoción de alternativas produtivas baseadas na economía social.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130261
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso realizarase como un itinerario formativo composto dunha serie de sesións, algunhas en liña e outras presenciais, e un traballo persoal a partir de material facilitado.

Durante as sesións formativas trataranse as problemáticas globais relacionadas coa sobre-explotación de recursos naturais en todo o mundo e que afectan especialmente aos países empobrecidos (extracción de materias primas, produción de enerxía e explotación da terra, entre outras). A través da conexión das realidades de Honduras e Galicia, abordaremos a reflexión sobre os impactos ambientais e sociais do noso actual modelo de consumo e desenvolvemento, así como alternativas sostibles de xestión dos recursos que exemplifiquen que é posible outro modo de producir, consumir e vivir.

De xeito complementario e xunto co traballo persoal, preténdese fomentar o pensamento crítico, as capacidades de análise, a creatividade e a aplicación de coñecementos disciplinares ao deseño de accións de sensibilización e comunicación cun enfoque de cidadanía global para visibilizar o papel das mulleres na defensa da terra e a promoción da economía social. Tamén levar experiencias en primeira persoa ao alumnado sobre os efectos do extractivismo no seu entorno (Galicia) e noutras realidades, como as de países empobrecidos.

Entidades organizadoras

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación en colaboración con Enxeñaría sen Fronteiras e Amigos da Terra.

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 7
Número máximo de participantes 25
Créditos teóricos 0.5
Créditos prácticos 0.5
Créditos ECTS 1

Destinatarios/as

Alumnado da Universidade de Vigo

Obxectivos

  • Achegamento á problemática do extractivismo e os impactos na vida das persoas que o sofren no seu entorno en Galicia e outros países como Honduras, con testemuñas de primeira man
  • Poñer de relevo a loita das mulleres na defensa do medio
  • Dar a coñecer a posibilidade de construír alternativas produtivas máis sustentables e baseadas no sostemento da vida
  • Facer que o alumnado sexa capaz de actuar como axente de transformación no seu entorno fortalecendo a súa visión de cidadanía global

Condicións de acceso

Ter matrícula en titulacións oficiais da Universidade de Vigo.

En caso de que haxa prazas vacantes poderán  participar outros perfís (PDI, PAS, estudantes egresado), a criterio da Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.

Criterios de selección

En primeiro lugar o alumnado de titulacións oficiais con matrícula en vigor. Se quedan prazas libres as persoas pertencentes aos demais colectivos elixibles por orde de inscrición.

Calendario

-23 de febreiro de 2022 de 18 a 19horas. Modalidade virtual

-3 de marzo de 2022 de 18 a 20 horas. Modalidade presencial. Aula I edificio Miralles

-30 de marzo de 2022 de 17 a 20 horas. Modalidade presencial. Aula I edificio Miralles

-27 de abril de 2022 de 17 a 19 horas. Modalidade presencial. Aula I edificio Miralles

-11 de maio de 2022 de 17 a 20 horas. Modalidade presencial . Aula I edificio Miralles

-15 de xuño de 2022  de 18 a 19 horas. Modalidade virtual.

Programa

-23 de febreiro de 2022 de 18 a 19horas. Modalidade virtual

Presentación en liña da Escola de sustentabilidade e cidadanía global a cargo da Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e as persoas responsables técnicas do proxecto  Mulleres bravas defensoras da terra”.

Durante esta sesión explicaranse os obxectivos da escola de sustentabilidade, o cronograma, os compromisos que deberán adquirir as persoas asistentes así como unha contextualización do proxecto Mulleres Bravas

-3 de marzo de 2022 de 18 a 20 horas. Modalidade presencial. Aula I edificio Miralles.

Cidadanía global e ameaza do extractivismo.

Mesa redonda moderada por Patricia Iglesias de Amigos da Terra, e que contará cos profesores da Universidade de Vigo Xavier Simón e Águeda Gómez Suárez, e o técnico de proxectos de Enxeñería Sen Fronteiras Sergio Fernández Alonso.

-30 de marzo de 2022 de 17 a 20 horas. Modalidade presencial. Aula I edificio Miralles

Experiencias de Honduras e Galicia, mulleres bravas e a ameaza do extractivismo.

Patricia Iglesias (moderadora) 3 mulleres activistas hondureñas e 2 mulleres activistas galegas.

-27 de abril de 2022 de 17 a 19 horas. Modalidade presencial. Aula I edificio Miralles

Comunicar as loitas.

Taller práctico impartido por AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), para orientar sobre como comunicar a resistencia das comunidades na defensa da súa contorna.

-11 de maio de 2022 de 17 a 20 horas. Modalidade presencial . Aula I edificio Miralles

Experiencias de Honduras e Galicia, mulleres bravas para outra economía.

Patricia Iglesias (moderadora) 3 mulleres da economía social hondureñas e 2 mulleres da economía social galega.

-15 de xuño de 2022  de 18 a 19 horas. Modalidade virtual.

Obradoiro  de peche do curso

Avaliación e devolución de material da campaña de comunicación finalmente xerada a partir do obradoiro de “Comunicar as Loitas” coas achegas das persoas participantes.

Traballos non presenciais:

O alumnado terá que realizar un traballo individual en paralelo, elaborando contidos que se empregarán como material comunicativo para o deseño dunha campaña no marco do proxecto Mulleres Bravas.

Impartido en

Sesións virtuais, a través do campus remoto.

Sesións presenciais. Aula I do edificio Miralles

Profesorado

Águeda Gómez Suárez: profesora Titular do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política, Administración e Filosofía e directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Xavier Simón Fernández: profesor titular do Departamento de Economía Aplicada e director do Observatorio Eólico de Galicia.

Patricia Iglesias Fernández: técnica de educación para a cidadanía global. Amigos da terra.

Sergio Fernández Alonso: técnico de proxectos de cooperación e educación para a cidadanía global. Enxeñería Sen Fronteiras.

AGARESO: consultora especializada en comunicación no terceiro sector.

Sistema de avaliación

Para ter dereito ao certificado, é preciso a asistencia ao 80% das sesión (virtuais e presenciais) así como a entrega dos traballos requiridos.

Traballo individual en paralelo. Elaboración de contidos que se empregarán como material comunicativo para o deseño dunha campaña no marco do proxecto Mulleres Bravas.

Haberá unha entrega de borrador a mediados de curso (que se traballará tamén no encontro presencial de abril), e outro de entrega final do material elaborado. No obradoiro de peche, farase a devolución do material seleccionado que se vai traballar coa consultoría externa de elaboración da campaña.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos