Iniciación ao coaching educativo na universidade

Información do curso

Iniciación ao coaching educativo na universidade


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCOAC21
Nome Iniciación ao coaching educativo na universidade
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 8
Descrición

Nos últimos anos houbo un gran interese e desenvolvemento, dentro do ámbito educativo, pola potenciación e desenvolvemento persoal do alumnado. Neste sentido os/as docentes de todas as etapas víronse na necesidade de reelaborar os seus propios esquemas de actuación e formarse na adquisición de ferramentas e técnicas que lles permitan retomar o seu rol de axente activo no proceso de aprendizaxe do alumnado. Así, neste contexto, a figura do profesor/a como coach cada vez cobrou un maior protagonismo. Con esta proposta formativa, búscase introducir e iniciar ao profesorado da Universidade Vigo en técnicas e ferramentas de uso habitual no coaching educativo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 24/09/2021 12:00 - 12/11/2021 23:59
Período de docencia 17/11/2021 - 25/11/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Coñecer de que maneira o coaching contribúe a mellorar a contorna da educación universitaria.
  • Potenciar as habilidades de comunicación e contribuír a que o profesorado sexa un dinamizador da aprendizaxe e a investigación.
  • Iniciar ao/á docente en ferramentas de coaching que lle faciliten o seu labor de orientación e titorización do alumnado.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade síncrona virtual os días 17, 18, 24 e 25 de novembro de 17 a 19 horas.

Programa

  • Que é o coaching educativo e para que serve?
  • Que teño eu que pode axudarme no meu traballo? Valores e crenzas que potencian a aprendizaxe.
  • Que necesito para converterme en parte da solución? Habilidades dun profesor/a-coach.
  • E como o fago? Metodoloxía do coaching: motivación e acción.
  • Acompañando e asesorando. Modelos de aplicación do coaching á titorización universitaria.

Observacións

A titorización realizaranse en liña a través de foros.

Profesorado

Roberto Baelo Álvarez

Doutor en Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de León. Director e formador en diferentes cursos relacionados coa aplicación do coaching ao ámbito educativo.

Ángela Arias Valcarce

Mestrado en Coaching, Intelixencia Emocional e PNL educativa pola Universidade Camilo José Cela. Coach educativo e directora do Mestrado e Bacharelato en Adestramento Educativo na Escola Universitaria ESNE.
Directora e formadora en diferentes cursos relacionados coa aplicación do coaching ao ámbito educativo.

Sistema de avaliación

  • Requerirase un mínimo de asistencia do 80 %. 
  • Superación dun exame baseado nun cuestionario de preguntas múltiples.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos