Seminario de Alfabetización contra a Desinformación
Información del curso
Seminario de Alfabetización contra a Desinformación
Tipo | Actividades recoñecidas coma formación permanente do profesorado | ||||
Código | ARFP21FN | ||||
Nombre | Seminario de Alfabetización contra a Desinformación |
|
|||
Modalidad | Virtual (síncrona e asíncrona) | ||||
Horas | 10 | ||||
Descripción | O Seminario de Alfabetización contra a Desinformación é un espazo de reflexión sobre os distintos aspectos que interveñen no fenómeno da desinformación e sobre os principais mecanismos para loitar contra ela. Está orientado a público non especializado que queira comprender mellor o problema, as súas repercusións e as ferramentas ao seu alcance para combatelo na súa vida cotiá. Esta actividade é coordinada polo Grupo de Innovación Docente DIXITAIS. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Correo electrónico | |||||
Compartir: |
Descripción
Esta actividade formativa está recoñecida coma formación permanente do profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.
Información sobre el calendario (fechas)
Período de matrícula | 15/09/2021 16:00 - 20/09/2021 12:00 |
---|---|
Período de docencia | 21/09/2021 - 05/10/2021 |
Plazas y créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 100 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Objetivos
O obxectivo do seminario é mellorar a competencia dixital e mediática da cidadanía como estratexia de loita contra a desinformación. Para isto é preciso: comprender o fenómeno da desinformación, os seus efectos na sociedade e os seus mecanismos de propagación, así como os principais recursos para loitar contra ela.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
A parte síncrona virtual desenvolverase os días 21, 28 de setembro e 5 de outubro de 17.30 a 19 horas a través do Campus remoto.
A parte asíncrona virtual l abrangue 5.30 horas de traballo autónomo (exercicios) a través de Moovi.
Programa
O seminario consta de 3 sesións síncronas en liña a través de Campus Remoto complementadas por material adicional en Moovi. As sesións online son as seguintes:
- 21 de setembro. Ramón Salaverría (Universidad de Navarra).
Tema: O problema da desinformación.
- 28 de setembro. Enrique Núñez-Mussa (Doutorando na Michigan State University).
Tema: a experiencia do proxecto Factcheck.cl, unha iniciativa de verificación de datos na Pontificia Universidad Católica de Chile.
- 5 de outubro. Amparo Huertas (Universitat Autònoma de Barcelona).
Tema: A alfabetización mediática na loita contra a desinformación.
Impartido en
A parte síncrona virtual desenvolverase a través do Campus remoto. Uns días antes recibirá os contrasinais para poder entrar.
A parte asíncrona (traballo autónomo) empregarase a plataforma Moovi.
Profesorado
Alberto Dafonte Gómez (coordinador)
É profesor contratado doutor do Departametno de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo.
É doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade (Uvigo) e mestrado en Educación e TIC ( UOC). Coordina o Grupo de Innovación Docente DIXITAIS e é membro do grupo SEPCOM (Investigación en Comunicación para o Servizo Público).
Actualmente é co-investigador principal do proxecto “Narrativas dixitais contra a desinformación. Estudo de redes, temas e formatos nos fact- checkers iberoamericanos” ( PID2019-108035 RB-I00) financiado pola Axencia Estatal de Investigación ( AEI) do Goberno de España.
Máis.
Javier Abuín Penas (coordinador)
É docente posdoutoramento en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo. Traballa nun proxecto de investigación sobre a loita contra da desinformación e dos fact-checkers.
É doutor en Creatividad e innovación social y sostenible, mestrado en Xestión Empresarial do Deporte e graduado en Publicidade e Relacións Públicas.
Máis.
Ramón Salaverría Aliaga
É catedrático de Periodismo na Universidade de Navarra. Foi director do Departamento de Proyectos Periodísticos (2008-2014), primeiro director de Digitalunav-Center for Internet Studies and Digital Life (2015-2017) e foi vicedecano de Investigación da Facultade de Comunicación (2017-2021). Foi investigador visitante na Universidade de Texas en Austin e presidente da Sección de Estudios de Periodismo na European Communication Research & Education Association (ECREA).
Máis.
Enrique Núñez Mussa
É docente da Facultade de Comunicacións da Pontificia Universidad Católica de Chile. As súas áreas de investigación son as culturas periodísticas, fact checking, verificación do discuro público etc.
É Magíster Erasmus Mundus in Journalism, Media and Globalization, Periodismo, é Certificado de Fotoperiodismo (Universidad de Aarhus) e SUSI Scholar en Medios e Periodismo (Ohio).
Máis.
Amparo Huertas Bailén
É profesora titular no Departamento de COmunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade Autónoma de Barcelona.
É doutora en Ciencias da Información (Periodismo). É a directora da Cátedra UNESCO de Comunicación, ubicada no Instituto de la Comunicación (InCom-UAB).
Está especializada en estudo de audiencias e públicos. Destacan os seus traballos sobre o consumo cultural e a representación mediática de grupos sociais marxinados e/ou estigmatizados.
Máis.
Sistema de evaluación
Asistencia ao 80 % das sesións presenciais e a superación dos exercicios propostos.
Asistencia ás sesións e realización dun cuestionario en liña sobre as conferencias e o material dispoñible en Moovi.