Axenda 2030: Teoría e prácticas transformadoras na Universidade

Información do curso

Axenda 2030: Teoría e prácticas transformadoras na Universidade


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPRS21
Nome Axenda 2030: Teoría e prácticas transformadoras na Universidade
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 20
Descrición

Trátase dun curso dirixido ao PDI e PAS da Universidade de Vigo onde se fará un repaso polos 6 anos da Axenda 2030 e se reflexionará sobre o rol da Universidade na sociedade e de que xeito a Axenda 2030 pode contribuír a transformala.

A Axenda 2030 configurouse como o principal proxecto de transformación das nosas sociedades. Unha das súas principais carácterísticas e a que a dota dun carácter rupturista co pasado e a súa integridade e transversalidade. A maior parte das institucións públicas e privadas teñen que levar a cabo accións que apunten nesa transformación, e a Universidade correspóndelle un papel esencial neste eido.
Neste curso traballaremos sobre o rol que debe desenvolver a universidade nos seguintes eidos: Gobernanza, Compromiso Social, Investigación e Docencia.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Esta formación está incluída no marco das actividades organizadas pola Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e organizada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e a Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/09/2021 12:00 - 22/10/2021 23:59
Período de docencia 01/11/2021 - 15/12/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado con vinculación permanente a tempo completo e que coordine algún grao ou mestrado.

Obxectivos

  • Coñecer a Axenda 2030 e as súas implicacións.
  • Reflexionar sobre o papel da Universidade na sociedade e como a Axenda 2030 pode contribuír a tranformala.
  • Desenvolver propostas para a aplicación da Axenda 2030.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Sesións asíncronas: Desenvolverase do 1 ao 30 de novembro na plataforma Moovi.
Sesións síncronas virtuais: Desenvolveranse os seguintes días:
Venres 5 de novembro de 12.30 a 14.30. Módulo 1: 6 anos da Axenda 2030 (1-8 de novembro).
Venres 12 de novembro de 12.30 a 14.30. Módulo 2: Axenda 2030 e Universidade (8-15 de novembro).
Xoves 18 de novembro de 16 a 18 horas. Módulo 3: Prácticas transformadoras en gobernanza e extensión (15-22 de novembro).
Xoves 25 de novembro de 16 a 18 horas. Módulo 4: Prácticas transformadoras en investigación e docencia (22-30 de novembro).

Programa

  • Semana 1. Seis anos da axenda 2030 (1-8 de novembro):
    Traballarase o contido xeral da Axenda 2030 así como a súa recepción e as súas principais aplicacións ata a data, con especial énfase na Estratexia de Desenvolvemento Sostible do noso país.

  • Semana 2. Axenda 2030 e Universidade (8-15 de novembro):
    Traballarase a aplicación específica da A2030 na Universidade desde o punto de vista da política xeral universitaria. Presentaranse os 14 espazos de aplicación da A2030 na universidade: gobernanza, extensión, investigación e docencia.

  • Semana 3. Prácticas transformadoras en gobernanza e extensión (15-22 de novembro):
    Traballarse sobre algunhas implantacións da Axenda 2030 en gobernanza e extensión para discutir sobre o alcance transformador desta no citado ámbito.

  • Semana 4. Prácticas transformadoras en investigación e docencia (22-30 de novembro):
    Traballarase sobre algunhas implantacións da Axenda 2030 en investigación e docencia para discutir sobre o alcance transformador neste ámbito.

Impartido en

As sesións virtuais síncronas desenvolveranse a través do Campus remoto e as sesións virtuais asíncronas desenvolveranse a través de Moovi.

Profesorado

José Medina Mateos

É licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, posgraduado en Desigualdade, Cooperación e Desenvolvemento e mestrado en Relacións Internacionais e Estudos Africanos.
É investigador no Grupo de Relacións Internacionais Universidade Autónoma de Madrid do Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais.
As súas liñas de investigación son a cooperación para o desenvolvemento, a seguridade alimentaria, a soberanía alimentaria e a teoría das relacións internacionais.
Colaborou na elaboración da diagnose da Ayuda Oficial al Desarrollo (AOD) española en gobernabilidade para la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) con CIDEAL.
Participa no colectivo de creación política La Mundial.

Sistema de avaliación

  • As persoas participantes serán avaliadas a través de 3 tipos de probas:

  • Participación nos foros de debate dos módulos.

  • Asistencia ao 80 % das sesións síncronas virtuais e participación durante elas.

  • Realización dun traballo final/memoria de acordo coas indicacións do profesor.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos