Scrum: metodoloxías áxiles na docencia

Información do curso

Scrum: metodoloxías áxiles na docencia


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPSC21
Nome Scrum: metodoloxías áxiles na docencia
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 15
Descrición

Neste curso faremos unha aproximación á metodoloxía de xestión de proxectos áxil, a través do marco de traballo de Scrum, e como integrala na docencia baseada en proxectos.

Estudarase o funcionamento de Scrum xunto as súas principais características (roles, eventos, artefactos). Descubriremos como construír, xestionar e perfeccionar un backlog de produto, como desenvolver épicas e historias de usuario/a -analizando o seu progreso, e como implantar as estratexias de entrega de produto. Así mesmo revisaremos distintas ferramentas que permitirán a integración de Scrum na aula, tanto para desenvolver os proxectos de forma colaborativa por parte do alumnado, como para avaliar o seu desempeño. 

A actividade desenvolverase en grupos de traballo, fomentando os principais valores de Scrum (auto-xestión, creación de valor, resposta áxil aos cambios).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 16/07/2021 12:00 - 09/09/2021 23:59
Período de docencia 18/10/2021 - 18/11/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 36

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico. De quedar prazas dispoñibles poderán participar outros perfís.

Obxectivos

  • Comprender os principios e valores das metodoloxías áxiles.
  • Descubrir/Aprender como abordar a xestión de proxectos no marco de traballo de Scrum estudando as súas principais características.
  • Coñecer ferramentas que permitan integrar a metodoloxía Scrum na aula.
  • Poñer en práctica os conceptos aprendidos desenvolvendo un proxecto segundo a metodoloxía Scrum.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Desenvolverase do 19 de outubro ao 11 de novembro. Trátase dun curso no que o alumnado traballará en grupos, polo que haberá sesións que serán para todo o alumnado e outras específicas para cada grupo de traballo.

O curso empregará as modalidades síncrona e a asíncrona.

Ligazón ao calendario.

Programa

  • Introdución ás metodoloxías áxiles.
  • Metodoloxías Scrum.
  • Scrum na docencia.
  • Experiencia docente no uso de Scrum: caso de uso.
  • Xestión práctica dun proxecto.

Impartido en

As sesións virtuais síncronas desenvolveranse a través do Campus remoto e as sesións virtuais asíncronas desenvolveranse a través de Moovi.

Profesorado

Cristina López Bravo

É profesora titular de universidade na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. É coordinadora do Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo “LIZGAIRO: Grupo de Integración de metodoloxías áxiles na docencia” desde o 15 de xaneiro de 2019. Imparte docencia en dúas materias do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación nas que se empregan metodoloxías áxiles.

 

Felipe Gil Castiñeira

É profesor titular do departamento de Enxeñaría Telemática. Comezou a aplicar as metodoloxías áxiles en docencia no ano 2013, en dúas materias do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación. Desde entón ven aplicando estas metodoloxías en distintas materias de grao e de mestrado, xeralmente en combinación coa aprendizaxe orientada a proxectos.  Así mesmo, foi un dos impulsores da adopción destas metodoloxías de traballo no Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).

 

Pablo Fondo Ferreiro

É profesor predoutoral na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación dende o ano 2018 mediante unha bolsa da Fundación “la Caixa”. É membro do Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo “LIZGAIRO: Grupo de Integración de metodoloxías áxiles na docencia” desde a súa creación o 15 de xaneiro de 2019. Imparte docencia en dúas materias do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación nas que se empregan metodoloxías áxiles.

Sistema de avaliación

  • Requerirase un mínimo de asistencia ás sesións síncronas do 85 % (ademais das sesións de exposición de contidos, realizaranse unha sesión inicial para o lanzamento do proxecto, unha sesión intermedia de revisión e unha sesión final de presentación de proxecto).
  • Deberá de desenvolverse un proxecto en grupos de traballo seguindo os principios da metodoloxía Scrum, que se presentará ao final do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos