Atopa o teu curso

Información do curso

Xornadas sODStendo o Planeta. Axenda 2030


Tipo Actividades de Voluntariado e Cooperación
Código RSCD_202103
Nome Xornadas sODStendo o Planeta. Axenda 2030
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Horas 7
Descrición

Universidade de Vigo ten un forte compromiso coa implementación da Axenda 2030 o que nos obriga a pór en marcha unha variedade de iniciativas orientadas a situar o desenvolvemento sostible, e o que isto implica na protección do planeta e na procura de sociedades xustas e inclusivas, no centro de atención da nosa actividade docente e investigadora.

Nesta liña, a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación organiza durante todos os xoves de maio as II Xornadas sODStendo o Planeta. Axenda 2030. na UVigo destinadas á comunidade universitaria, nomeadamente ao estudantado.

A través destas xornadas  nas que van participar expertos universitarios e representantes de entidades sociais preténdese dar a coñecer os 17 ODS da Axenda, sensibilizar aos membros da UVigo sobre a importancia do desenvolvemento sostible para o planeta. Estas xornadas son tamén unha oportunidade  coñecer as actividade de ONGD e entidades sociais da contorna.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130261
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

  • Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.
  • Coa colaboración da  Rede Social Galicia-Sur

Información sobre o calendario (datas)

Destinatarios/as

  • Estudantado (solicitado o recoñecemento de  7h computables para ECTS)
  • PDI
  • PAS
  • Público en xeral

Obxectivos

  • Sensibilizar á comunidade universitaria sobre o desenvolvemento sostible.
  • Dar a coñecer entre a comunidade universitaria ás entidades sociais a través dos  ODS da Axenda 2030

Calendario

Calendario:

Xoves 6 de maio (16:00-18:00)

Ámbito do planeta

Xoves 13 de maio (16:00-18:00)

Ámbito da prosperidade: Outro desenvolvemento é posible

Xoves 20 de maio (16:00-18:00)

Ámbito das persoas: Educación

Xoves 27 de maio (16:00-18:00)

Ámbito das persoas: As migracións humanas

Programa

Xoves 6 de maio. (16:00-18:00)

Ámbito do planeta:

(ODS 13, ODS14, ODS 15)

 

  • Economía Circular. Máis alá da reciclaxe. María del Pilar Piñeiro Garcia.  Profesora do departamento de Organización de Empresas e Marketing. Universidade de Vigo
  • A Universidade polo Residuo 0. Asociación Amigos da Terra
  • OCEANETS:cuidemos o mar. María del Rocío Rodríguez Daponte. Profesora do departamento de Organización de Empresas e Marketing. Universidade de Vigo
  • A industria do téxtil: Mari Luz Jorge Fuentes e o seu cargo é Responsable dos Servizos Comerciais de Inserción Laboral (SCI). Cáritas Diocesana Tui-Vigo
  • Intervención de Taller de Solidariedade: Roupa Feita con Amor como ferramenta para a transformación social. Rafael Veiga. Coordinador Taller de Solidariedade.

 

Xoves 13 de maio. (16:00-18:00)

Ámbito da prosperidade:  Outro desenvolvemento é posible.

(ODS 7,ODS8, ODS 9 ODS 10, ODS 11, ODS 12)

 

  • Innovación en pos-crecemento nas organizacións autoxestionadas. Mario Pansera: Investigador ERC .Universidade de Vigo
  • A renda básica das iguais: Diego Lores . Responsable Oficina Dereitos Sociais Colectivo Baladre.
  • .Mercado Social Galego: Entidade Reas Galiza (Fiare Banca Ética). Miguel Braña.Reas Galiza.
  • “La Osa” modelo único de supermercado cooperativo: Laure Salies e Mario Puccini socios de La Osa e traballadores da Fundación Proclade.

 

Xoves 20 de maio. (16:00-18:00)

Ámbito das persoas: A educación

 (ODS 4)

 

  • A educación, un dereito irrenunciable. Xosé Manuel Cid: Catedrático do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa e decano da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense
  • Campaña Mundial pola Educación. Rafael Veiga, coordinador Fundación Taller de Solidaridad e José Luis Barreiro, coordinador Fundación Entreculturas, membros da Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación (CME-Galicia).

 

Xoves 27 de maio(16:00-18:00)

Ámbito das persoas:  As migracións humanas

(ODS 1, ODS2, ODS3, ODS4, ODS 5, ODS6,ODS10)+ODS16

 

  • As migracións en/desde Galicia en contexto: ¿que podemos aprender do pasado? Iria Vázquez Silva, Profesora do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía
  • Narración do libro “Fronteiras de Papel”. Editorial Antela.
  • Superando fronteiras dende o acceso a vivenda. Ana Pardo. Asociación Provivenda.
  • Fronteiras dixitais, estereotipos e bulos a través da rede. Miguel Rodríguez. Fundación Esplai.

 

Impartido en

Campus Remoto

Informaremos a todos os matriculados da sala e contrasinal unha vez confirmadas as preinscricións.

Profesorado

(Consultar programa)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos