Transversalización dos ODS nas formulación de proxectos con perspectiva de xénero e captación de fondos europeos.
Información do curso
Transversalización dos ODS nas formulación de proxectos con perspectiva de xénero e captación de fondos europeos.
Tipo | Actividades de Voluntariado e Cooperación | ||||
Código | CCUD01 | ||||
Nome | Transversalización dos ODS nas formulación de proxectos con perspectiva de xénero e captación de fondos europeos. |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 10 | ||||
Descrición | O curso articúlase en dous bloques: -Contextualización da cooperación e transversalización dos ODS, dende unha perspectiva de xénero. -Captación de fondos en materia de cooperación ao desenvolvemento no eido da Unión Europea. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986130261 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Preséntase un curso no que se tratará a evolución da cooperación internacional dende os seus inicios ata a axenda actual (ODS) cunha mirada crítica e baixo a perspectiva de xénero. Aboradarase tamén a transversalización dos ODS nos proxectos.
Por outra banda nun contexto como o da Cooperación ao Desenvolvemento, no que as fontes de financiamento tradicionais experimentaron fortes recortes, cómpre ter unha visión ampla dos potenciais axentes financiadores . Nesta ocasión imos facer un percorrido polas posibilidades de financiamento que ofrece a Unión Europea no eido da Cooperación ao Desenvolvemento.
Entidades organizadoras
Actividade organizada conxuntamente polas tres universidades do SUG no marco do convenio da RGCUD.
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 1 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Créditos teóricos | 0 |
Créditos prácticos | 0 |
Créditos ECTS | 0 |
Validación de libre elección | 0 |
Destinatarios/as
PDI a tempo completo interesado en cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
PAS que traballe en xestión ou xustificación de proxectos de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento. (Reservanse 4 prazas. No caso de que queden vacantes serán ocupadas polo outro grupo prioritario)
De non cubrirse as prazas polos grupos prioritarios poderá optar calquera persoa do PDI ou PAS interesada.
Obxectivos
Introdución á contextualización da cooperación e os ODS:
- Dotar ao PAS e PDI do coñecemento para a comprensión dos ODS no contexto das axendas de desenvolvemento.
- Tranversalización dos ODS na Cooperación ao Desenvolvemento.
Captación de fondos de cooperación no eido da UE:
- Coñecer os principais instrumentos e programas.
- Delimitar as características, procedementos e aspectos operativos máis importantes.
- Aprender os pasos principais para desenvolverse nas convocatorias.
- Coñecer sintéticamente a experiencia, e as metoloxías imprescindibles para ter éxito.
- Mellorar as capacidades para obter financiamento coa UE.
Condicións de acceso
Ser PDI ou PAS da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición entre as persoas que cumpran os requisitos.
1 -Grupos prioritarios por orde inscripción.
2-Demais PDI /PAS por orde de inscrición.
Calendario
- 30 de abril(de 17.00h a 19.00h) (Formación en ODS)
- 7 de maio (de 17.00h a 20.00h) (Formación en ODS)
- 11 de maio (de 9.00h a 14.00 h) (Financiamento)
Programa
- 30 de abril(de 17.00h a 19.00h) (Formación en ODS)
- 7 de maio (de 17.00h a 20.00h) (Formación en ODS)
- 11 de maio (de 9.00h a 14.00 h) (Financiamento)
Modo de pagamento
Curso gratuíto.
Impartido en
Sesións Síncronas (a través da plataforma TEAMS).
As persoas matriculadas recibirán con anterioridade a cada sesión o enlace para a asistencia ao curso.
Observacións
O PAS seleccionado para realizar o curso terá que solicitar a autorización a xerencia.
Profesorado
Profesorado:
Marta Díaz del Río García, licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Ten desenvolvido diversos estudios de Posgrao e Máster en diversas universidades relacionados con Educación, Cooperación Internacional e Xénero.
Ten 10 anos de experiencia no ámbito social, tanto en ONG sociais coma de Desenvolvemento. Algunha das entidades coas que ten colaborado son: ACSUR-Las Segovias-Galiza, Acción contra a Fame Navarra, Médicos do Mundo Bilbao, InteRed Galicia, Arquitectura sen Fronteiras, no campo de ONGD. Traballou coma Coordinadora de Programas de Intervención Social durante 9 anos en Acción Familiar Ferrol.
Actualmente traballa como consultora independente, en Faísca Consultora, desenvolvendo tarefas de avaliación, diagnósticos, plans estratéxicos, sistematización, etc., mediante metodoloxía cuantitativas e cualitativas de investigación social.
Estrella Ramil Paz, arabista (Univ. Granada), máster en xénero e desenvolvemento e máster en coaching estratéxico, ademais de outros estudos de especialización en xénero, feminismos e desenvolvemento.
Traballou no campo da educación e posteriormente en cooperación internacional (durante máis de 20 anos), con diferentes ONGDs e en varios países do Norte de África, Oriente Medio, África Subsahariana e América Latina, sempre ligadas á defensa dos dereitos das mulleres, a equidade de xénero ao interno das organizacións e ao fortalecemento de organizacións feministas do Sur Global.
Durante estes anos realizou diferentes investigacións, marcos de referencia sobre xénero e dereitos das mulleres, construíu ferramentas e métodos de traballo sobre a aplicación da perspectiva de xénero e o enfoque de dereitos e facilitou procesos de cambio organizacional proequidade e procesos de avaliación e aprendizaxe.
Na actualidade é consultora independente, especializada en xénero, enfoque de dereitos e teorías de cambio social e docente no Máster Igualdade e Equidade no Desenvolvemento da Universidade de VIC e na Maestria en Estudios de Género da Universidade de El Salvador
Javier Vallejo Poza. Avogado e Economista (ICADE E-3) e MBA Internacional pola Escola da Cámara de Comercio de París (ESCP-EAP) e pola ESIC. Desenvolveu a súa traxectoria no ámbito dos proxectos de asistencia técnica internacional e de cooperación ao desenvolvemento durante máis de 20 anos, participando na preparación de numerosas licitacións internacionais e na identificación, execución e avaliación de proxectos e programas para entidades e organismos públicos nacionais e internacionais (Unión Europea, Banco Mundial, BID, AECID
Sistema de avaliación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas que asistan ao 80% das xornadas.