Promovendo a convivencia, xestionando os conflitos

Información do curso

Promovendo a convivencia, xestionando os conflitos


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCONFLIT211
Nome Promovendo a convivencia, xestionando os conflitos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A Universidade de Vigo pretende ofrecer unha formación, cun preeminente enfoque práctico, que responda ás necesidades reais das traballadoras e dos traballadores, procurando que os coñecementos e habilidades que adquiren coa realización das actividades formativas sexan aplicables dunha forma directa e inmediata aos seus postos de traballo. 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente) e Servizo de PAS.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 09/04/2021 12:00 - 12/05/2021 23:59
Período de docencia 24/05/2021 - 28/05/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 15

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e  Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Promover a visión construtiva da controversia e os conflitos na institución
  • Promover nas persoas a linguaxe amigable: verbal e non verbal.
  • Desenvolver competencias para desactivar a escalada do conflito.
  • Promover a mediación.

De xeito que ao seu remate os/as asistentes adquiran as seguintes competencias:

  • Utilizar a linguaxe verbal e non verbal amigable en calquera tipo de situacións.
  • Recoñecer os tipos de conflito.
  • Recoñecer as propias capacidades para desactivar a escalada do conflito destrutivo.
  • Saber cando cómpre solicitar a intervención dunha persoa mediador.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Calendario

Sesións a través do Campus remoto: 24 e 26 de maio de 10 a 14 horas.

Sesións presenciais: 25, 27 e 28 de maio na aula 6 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo.

Programa

  • A convivencia na universidade e a resolución construtiva de conflitos.
  • Procesos psicolóxicos básicos, controversias e conflitos: o procesamento da información e o poder da linguaxe.
  • Conflito: tipos, resolución.
  • Intervención de terceiras persoas: a mediación.
  • Técnicas e habilidades de mediación para legos.

Impartido en

Se as condicións derivadas da pandemia o permiten, as sesións do 24 e o 26 impartiranse na modalidade en liña e as demais serán presencias na aula 6 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo. Noutro caso poderán ser todas en liña.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días despois da finalización da formación.

Profesorado

Francisca Fariña Rivera
Catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do Menor da Universidade de Vigo. Directora de área da Unidade de Convivencia e Resolución Positiva de Conflitos. Conta con experiencia docente no ámbito da resolución adecuada de conflitos, principalmente en formación de posgrao no campo da mediación; igualmente dispón dunha ampla experiencia investigadora nesta área, que lle supuxeron o recoñecemento de 5  sexenios de investigación e 1  sexenio de transferencia.

Leticia García Villaluenga
Doutora en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid (UCM). Directora do Máster de Mediación y gestión de conflictos. Directora do Grupo de Investigación en “Sistemas cooperativos de gestión de conflictos, mediación, negociación y cultura de paz en la sociedad del siglo XXI” (ADRsXXI), da UCM. Presidenta da Conferencia Universitaria Internacional para el Estudio de la Mediación y el Conflicto (CUEMYC). Foi Inspectora Xefe da UCM e desenvolveu a experiencia pioneira de mediación en organizacións universitarias. Foi Cofundadora e Directora do Instituto Universitario de Investigación en Mediación y Gestión de conflictos da UCM.

Mercedes Novo Pérez
Doutora en Psicoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora Titular de Universidade de Psicoloxía Social na Universidade de Santiago de Compostela. Secretaria da Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense. É membro da Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela. Conta cunha ampla traxectoria investigadora e de transferencia de coñecemento, que lle supuxeron o recoñecemento de 3  sexenios de investigación e 1  sexenio de transferencia.

Blanca Otero Otero
Profesora de Dereito Procesual da Universidade de Vigo. Avogada e Mediadora. Doutora en Dereito. Foi avogada en exercicio e mediadora familiar en Centros de Apoio ás Familias do Concello de Madrid, Xulgados de Familia e Puntos de Encontro Familiar da Comunidad de Madrid e formou parte do Equipo de Mediación Familiar Intraxudicial dos Xulgados de Familia de Vigo.

Manuel Rosales Álamo
Doutor en Psicoloxía. Profesor do Departamento de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Universidad de La Laguna.  Director do Centro de Estudios Universitarios de la Mediación y Convivencia de la Universidad de la Laguna. Secretario Xeral da Conferencia Universitaria Internacional para el Estudio de la Mediación y el Conflicto (CUEMYC). Conta con experiencia docente no ámbito da resolución adecuada de conflitos, principalmente en formación de posgrao no campo da mediación.

Dolores Seijo Mártínez
Licenciada en Psicoloxía e diplomada en  Criminoloxía e Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora pola Universidade de Vigo. Profesora Titular de Universidade de Psicoloxía Social na Universidade de Santiago de Compostela.  Membro da Conferencia Universitaria Internacional para el Estudio de la Mediación y el Conflicto (CUEMYC). Medalla ao Mérito Profesional do Diario de Mediación e a Escola Española de Mediación e Resolución de Conflitos.

Mª José Vázquez Figueiredo
Licenciada en Psicopedagoxía e doutora pola Universidade de Vigo. Profesora Interina de Psicoloxía Básica na Universidade de Vigo. Conta con experiencia docente no ámbito da resolución adecuada de conflitos, principalmente en formación de posgrao no campo da mediación; igualmente dispón dunha ampla experiencia investigadora nesta área. É membro da Asociación Iberoamericana de Justicia Terapéutica.

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos