Introdución á linguaxe Python para o docente universitario/a

Información do curso

Introdución á linguaxe Python para o docente universitario/a


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPYTHONV21
Nome Introdución á linguaxe Python para o docente universitario/a
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 25
Descrición

Python é unha linguaxe de programación de propósito xeral, de código aberto e que está dispoñible en múltiples plataformas. Nos últimos anos estableceuse como unha linguaxe amplamente usada debido a súa sinxeleza e versatilidade, resultando unha ferramenta moi útil para a programación. Dispón na actualidade dunha colección de recursos equivalente á que podemos atopar noutros contornos ben establecidos e continúa en permanente crecemento.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 15/04/2021 12:00 - 30/04/2021 23:59
Período de docencia 07/06/2021 - 16/07/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Coñecer os aspectos básicos da linguaxe.
  • Elaborar código en Python.

Condicións de acceso

Coñecementos básicos de programación nalgunha outra linguaxe (coñecer que é unha variable, un bucle, condicionais etc.).

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Calendario

Parte síncrona: desenvolverase do 7 de xuño ao 16 de xullo a través de Moovi.

Sesión síncrona desenvolverase o 10 de xuño de 10 a 11 horas a través do Campus remoto.

Sesión titorial: desenvolverase o 1 de xullo ás de 10 a 11 horas a través do Campus remoto.

Programa

  1. Contorna de traballo.
  2. Tipos de datos.
  3. Módulos.
  4. Control de fluxo.
  5. Listas por comprensión.
  6. Funcións.
  7. Entrada e saída.
  8. Aspectos avanzados.

Impartido en

Moovi e Campus remoto.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días despois da finalización da formación.

Profesorado

Ernesto Aranda Ortega
É doutor en Matemáticas pola Universidad de Sevilla, profesor titular na Universidad de Castilla-La Mancha.
Está doutorado en Matemáticas pola Universidad de Sevilla e a súa área de investigación atinxe ao cálculo de variacións e optimización topolóxica.
Impartiu diferentes cursos de programación en Python como na Escuela de Verano Conjunta UVEG-UASLP (2014),  Escuela de Ingenieros Industriales da UCLM (2015)  e formación permanente na UCLM desde 2017.

José Carlos Bellido Guerrero
É catedrático na Universidad de Castilla-La Mancha.
Está doutorado en Matemáticas pola Universidade de sevilla e a súa área de investigación atinxe ao cálculo de variacións, optimización topolóxica e EDP non locais.
Compartiu a docencia en Python citada anteriormente.

Sistema de avaliación

Superación dos cuestionarios en liña (75 %) e dos exercicios finais de programación.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos