Atopa o teu curso

Información do curso

Axenda 2030. Axentes do cambio. Edición 2021


Tipo Actividades de Voluntariado e Cooperación
Código AVC01-202101
Nome Axenda 2030. Axentes do cambio. Edición 2021
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade virtual
Horas 30
Descrición

O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medioambiente e coa erradicación das desigualdades no mundo.

A Axenda 2030 é unha resolución da ONU aprobada en 2015 que constitúe a folla de ruta da humanidade para os vindeiros anos. Centrada na protección medioambiental e na erradicación de todo tipo de desigualdades, a Axenda busca que as universidades se impliquen na xeración das condicións para acadar un desenvolvemento máis sostible e inclusivo tendo en conta as limitacións do planeta e o benestar das persoas a través da aplicación dos denominados «Obxectivos de Desenvolvemento Sostible» (ODS).

O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que desenvolvan unha acción de voluntariado nos tres campus da UVigo na que dean a coñecer o contido da Axenda 2030 e os seus 17 ODS mediante paneis informativos e a organización de actividades. 

O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.

 

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130261
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría de Responsabilidade social, Internacionalización e Cooperación

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30
Créditos teóricos 1
Créditos ECTS 1

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao estudantado dos tres Campus da Universidade de Vigo.

Obxectivos

Ao rematar esta formación, o alumnado será quen de

  • Promover, alentar e fomentar a participación da comunidade universitaria na aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na área local.
  • Xerar cambios reais nos tres campus que favorezan o aliñamento das políticas da Universidade de Vigo coa Axenda 2030.
  • Consolidar unha comunidade de "Axentes do cambio" organizada en grupos de traballo cooperativo.

Condicións de acceso

Ser estudante na Universidade de Vigo

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

  • Do 1 ao 28 de febreiro formación virtual en MOOVI.

Programa

  • Módulo 1. Comprendendo a Axenda 2030
  • Módulo 2. As persoas
  • Módulo 3. O planeta
  • Módulo 4. Unindo ás persoas e ó planeta

 

 

 

Impartido en

A formación virtual impartirase a través de MOOVI.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a cualificación de apto/a .

Profesorado

Raquel Gómez Villar, Cofundadora en SomosTerra

Eva López Quiroga, Cofundadora en SomosTerra

Sistema de avaliación

O alumnado deberá realizar 4 actividades a través de MOOVI cuxa explicación detallada atopará ao final dos textos e vídeos explicativos de cada módulo. As formadoras farán un seguimento exhaustivo da elaboración, resolverán dúbidas e entregarán un feedback sobre o resultado a cada estudante. Ao mesmo tempo,  en cada módulo abriranse foros a través dos cales as formadoras animarán ás/aos estudantes a que debatan sobre un aspecto concreto do temario.

O curso será superado cando as/aos alumnas/os teñan un acceso regular ao espazo do curso en Faitic, entreguen alomenos 3 actividades, participen en 2 foros de debate e realicen o obradoiro virtual.

Por outro lado, cada luns do mes que dure o curso, as formadoras enviarán aos estudantes unha mensaxe a través dun foro de noticias indicándolles o traballo semanal, os obxectivos formativos e as actividades a realizar. Ademais, durante a primeira semana do curso, reforzarase o seguimento coas/cos estudantes mediante correos electrónicos ou chamadas telefónicas para evitar que abandonen o curso.

O obradoiro virtual en modalidade online con dinámicas participativas para a creación colectiva. Valorarase a participación e os actividades realizadas no obradoiro.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos