Atopa o teu curso

Información do curso

Como elaborar un TFG/TFM en perspectiva da Axenda 2030 e Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento


Tipo Actividades de Voluntariado e Cooperación
Código RSCD_202101
Nome Como elaborar un TFG/TFM en perspectiva da Axenda 2030 e Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 30
Descrición

Queres aprender a elaborar o TFG e TFM?. Queres que o teu traballo contribúa a protexer o Planeta, a rematar coas desigualdades e acadar o desenvolvemento sostible das nosas sociedades? Aquí tes o teu curso...

Este curso vai dirixido ao alumnado de Máster e Grao, preferentemente de terceiro e cuarto curso, que desexe coñecer as chaves do deseño e elaboración dun TFG e TFM baixo a temática dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. O curso de modalidade non presencial consta de 30 horas (1 ECTS) e será impartido a través da plataforma de teledocencia MOOVI. Está organizado en 4 módulos a onde se accederán os materiais de lectura, a vídeos, a pílulas explicativas e ás distintas actividades. O alumnado disporá de titorías individualizadas a través de videoconferencia e foro de dúbidas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130261
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1

Destinatarios/as

Alumnado da UVigo, preferentemente de Máster e de terceiro e cuarto curso de Grao.

Obxectivos

  • Dar a coñecer os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 incidindo na cooperación ao desenvolvemento.
  • Sensibilizar ao alumando sobre a pertinencia de investigar e buscar solucións nos seus TFG ou TFM aos problemas e retos vencellados á cooperación e ao desenvolvemento sostible.
  • Saber aplicar o proceso de deseño, posta en marcha e defensa dun traballo de investigación.

Condicións de acceso

Estar matriculado na Universidade de Vigo en Máster ou Grao

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición

Calendario

-Acceso á plataforma de teledocencia (MOOVI). 1 de febreiro

-Lectura de textos, visionado de pílulas e vídeos, realización de actividades e titorías (videoconferencia e foros)

  • Módulo 1: Primeira semana de febreiro
  • Módulo 2: Segunda semana de febreiro
  • Módulo 3: Tercera semana de febreiro
  • Módulo 4: Cuarta semana de febreiro

Programa

Módulo 1. Axenda 2030 e obxectivos de desenvolvemento sostible: que podes facer ti?

  • Que é a Axenda 2030 e os ODS?
  • Axenda 2030 e universidades
  • Axenda 2030 e investigación

Módulo 2. Elaboración de traballos de investigación

  • Modalidades de TFG e TFM
  • O plan de investigación
  • A procura e tratamento da información
  • A fase de redacción

Módulo 3. Citación e referencias bibliográficas

  • Por que citar? Tipos de citas bibliográficas
  • Como citar? Normas de citación bibliográfica
  • A elaboración da listaxe de referencias
  • A ética científica e o plaxio

Módulo 4. A defensa oral

  • Estratexias prácticas para abordar con éxito unha exposición oral
  • Erros comúns e como evitalos

Modo de pagamento

O curso é gratuíto.

Impartido en

O curso será impartido a través MOOVI onde o alumnado terá acceso a todo o material.

Profesorado

Laura Novelle (https://docendodiscitur.blog)

Sistema de avaliación

O alumnado será avaliado a través dunha serie de actividades vinculadas a cada módulo.

O alumnado deberá realizar a través de MOOVI unha actividade para os bloques 1, 3 e 4, e catro actividades para o bloque 2. A explicación das mesmas atoparase ao final dos textos e vídeos explicativos de cada bloque. A formadora fará un seguimento exhaustivo da súa elaboración, resolverá dúbidas e entregará un feedback sobre o resultado a cada estudante. O curso será superado cando as/aos alumnas/os teñan un acceso regular ao espazo do curso na plataforma e entreguen alomenos 5 actividades das 7.

Por último, cada luns do mes que dure o curso, a formadora enviará aos estudantes unha mensaxe a través do foro de novas indicándolles o traballo semanal, os obxectivos formativos e as actividades a realizar. Ademais, durante a primeira semana do curso, reforzarase o seguimento ás/aos estudantes mediante correos electrónicos ou chamadas telefónicas para evitar que abandonen o curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos