Atopa o teu curso

Información do curso

XOVES EMPREGABLES. Comeza a conta atrás para lanzar a túa carreira profesional


Tipo Actividade de formación
Código AEE-XOVES-202001
Nome XOVES EMPREGABLES. Comeza a conta atrás para lanzar a túa carreira profesional
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade virtual
Horas 30
Descrición

Se ben as tendencias do mercado laboral  son incertas, a actual situación enmarcada polo estado sanitario tamén xera unha oportunidade para darlle un novo rumbo á traxectoria profesional e por en valor competencias persoais que sin duda alguna favorecen a busca dun emprego acorde con esas competencias e facilitan a adecuación de candidaturas.

Neste contexto, débese seguir apostando polo desenvolvemento de accións que permitan manter e, mesmo, mellorar, a empregabilidade do alumnando e persoas egresadas da universidade. Nesta liña de traballo, a Área de Emprego e Emprendemento (AEE) da Universidade de Vigo pon en marcha unha serie de webinars que se desenvolverán a través do campus remoto para mellorar algunha das competencias relaconadas ca mellora da empregabilidade

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130110
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso está formado por un conxunto de 12 sesións en liña impartidas por mentores, coachs, profesionais independentes e responsables de recursos humanos, organizadas para todos os/as estudantes e recén titulados/as para ofrecerlles ferramentas que lles permitan mellorar a súa empregabilidade, pegada dixital e marca persoal. As sesións terán lugar todos os xoves pola tarde do 10 de setembro ao 26 de novembro e están pendentes de recoñecemento por 1 crédito ECTS.

As persoas admitidas recibirán un mail coas indicacións de acceso a sala virtual desde a que se emitirán os webinars que conforman este curso.

Entidades organizadoras

ORGANIZAN:

Área de Emprego e Emprendemento

Vicerreitoría de Estudantes, Captaciónde Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria

PATROCINADOR:

EURES

EASI

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 04/09/2020 11:01 - 02/10/2020 15:35

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 100
Créditos teóricos 1
Créditos ECTS 1

Destinatarios/as

Estudantes e titulados/as da Universidade de Vigo

Obxectivos

- Afondar no autocoñecemento para saber en que ámbitos profesionais poderíanse aplicar mellor as competencias e o perfil profesional

- Aprender como se poden desenvolver os factores resilientes que son os que nos axudan a superar as crisis.

- Fortalecer a marca persoal nas Redes Sociais.

- Facilitar unha serie de ferramentas que permitan a consecución dun maior dominio sobre o tempo persoal e profesional.

- Deseñar e planificar a estratexia profesional e a marca persoal no contexto do Emprego 2.0

- Descubrir a creatividade como uha ferramenta útil no proceso de búsqueda de Emprego

- Despertar o espíritu emprendendor

- Deseñar un plan de busca de empleo tendo en conta o perfil profesional e as tendencias do mercado laboral.

- Coñecer as diferentes oportunidades que ofrecen as TIC para o traballocolaborativo e o traballo en remoto.

- Coñecer os perfís profesionais mais demandados polas empresas.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición

Calendario

Todos os xoves desde o 10 de setembro ata o 26 de novembro de 2020, en horario de 16:00 a 18:00 horas

Programa

10/09: "Pon o foco no teu futuro e achégate aos teus talentos"

17/09: "Quen somos e a onde imos?"

24/09: "Actitude emprendedora? Póñame cuarto e medio"

01/10: "Curriculum 10. Aprende a venderte"

08/10: "Coida os minutos, e as horas coidaranse de si mesmas"

15/10: "Importancia da pegada dixital: posicionamento e fortalezas das diferentes RRSS"

22/10: "Ferramentas e consellos para enfrontarte con maior seguridade a unha entrevista de traballo"

29/10: "Resiliencia e a importancia de manter unha actitude positiva á hora de buscar emprego"

05/11: "A creatividade como habilidade laboral"

12/11: "Elabora o teu proxecto persoal de emprego"

19/11: "Novas tecnoloxías para o traballo en remoto"

26/11: "Novas tendencias en recrutamento e selección de persoal. Que buscan as empresas?"

Así mesmo, e desde o 9 de outubro e ata o 26 de novembro, as persoas que desexen ser asesoradas respecto ao seu CV e/ou ao seu perfil de Linkedin, poderán solicitar unha reunión virtual con agún mentor/a especilizado nestes temas.

Modo de pagamento

Gratuíto

Impartido en

A través do Campus Remoto da Universidade de Vigo

Profesorado

10/09: "Pon o foco no teu futuro e achégate aos teus talentos". Relatora: Isabel Bonet. Licenciada en Pedagoxía, cun Mestrado en Logopedia. Traballou como logopeda tanto nun colexio como nun despacho privado. Posteriormente, adecouse á xerencia, dirección e xestión educativa no ámbito público. Nos últimos anos materializou un precioso e importante proxecto laboral: o Mentoring de adolescentes. https://www.linkedin.com/in/isabelbonetcom/?originalSubdomain=es

17/09: "Quen somos e a onde imos?". Relator: Pablo García Fortes. Coach Persoal i Executivo, Consultor en xestión e desenvolvemento de habilidades. Diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo / ThepowerMBA Business Expert / Certified Professional & Executive Coach.

24/09: "Actitude emprendedora? Póñame cuarto e medio". Relator: Pablo Osorio. Mentor na Fundación Ronsel.

01/10: "Curriculum 10. Aprende a venderte". Relatora: Elena Huerga. Coach de Deenvolvemento Profesional.

08/10: "Coida os minutos, e as horas coidaranse de si mesmas". Relator: Pablo García Fortes. Coach Persoal i Executivo, Consultor en xestión e desenvolvemento de habilidades. Diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo / ThepowerMBA Business Expert / Certified Professional & Executive Coach.

15/10: "Importancia da pegada dixital: posicionamento e fortalezas das diferentes RRSS". Relator: Miguel Giráldez. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas e Mestrado en Investigación en Comunicación. Profesor de Marketing Estratéxico na Escola de Empresariais da Universidade de Vigo.

22/10: "Ferramentas e consellos para enfrontarte con maior seguridade a unha entrevista de traballo". Relatora: Maruxa Mantecón Catalán. Directora Oficina Randstad Porriño. Licenciada en Psicoloxía e Mestrado en Recursos Humanos e Relacións Laborais.

29/10: "Resiliencia e a importancia de manter unha actitude positiva á hora de buscar emprego". Relatora: Belén Varela. Licenciada en Dereito e Mestrado en Dirección de RR.HH. Xestión dooptimismo nas organizacións. Jobcrafting.

05/11: "A creatividade como habilidade laboral". Relator: Pere Rosales. Fundador e CEO de Inusual, Profesor e Coach de Innovación.

12/11: "Elabora o teu Proxecto Persoal de Emprego". Relatora: Reyes Fernández González. Licenciada en Pedagoxía e Posgrao de Especialización en Orientación Laboral. Técnica Superior en Orientación Laboral da Área de Emprego da Universidade de Vigo. Profesora asociada na Universidade de Vigo especializada nos procesos de inserción laboral de distintos colectivos.

19/11: "Novas tecnoloxías para o traballo en remoto". Relatora: Manuela Raposo Rivas. Doutora en Psicopedagoxía pola Universidade de Vigo, Profesora Titular de Universidade na Área de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Vigo, impartindo docencia nas titulacións de grao, master e doutoramento de Educación. A súas liñas de investigación céntranse no uso educativo das TIC, o Prácticum, a inclusión e innovación educativa e o plaxio académico.

26/11:"Novas tendencias en recrutamento e selección de persoal. Que buscan as empresas?". Relatores/as: Esther Mezquita (Grupo EULEN); Ana Pérez Rodríguez (Domiberia); Loli Pereiro (Bioga). Modera a maesa: Teresa Bernal (Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral- Xunta de Galicia)

09/10 ata 26/11: Mentores/as especializados/as en orientación laboral. Por confirmar.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos