Atopa o teu curso

Información do curso

NEGOCIACIÓN COLECTIVA E INDIVIDUAL NO ÁMBITO LABORAL


Tipo Curso de Formación
Código FX132001
Nome NEGOCIACIÓN COLECTIVA E INDIVIDUAL NO ÁMBITO LABORAL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade virtual
Horas 69.3
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813769
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Departamento de Dereito Público Especial

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 27/07/2020 13:00 - 22/09/2020 23:59
Período de matrícula 16/07/2020 13:01 - 22/09/2020 23:59
Período de docencia 17/09/2020 - 04/12/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 40
Créditos teóricos 3.5334
Créditos prácticos 3.4
Créditos ECTS 0
Validación de libre elección 0

Destinatarios/as

Posto que o fin último é a formación de profesionais nas técnicas de negociación, as persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais.

Tamén poderán acceder ao curso as persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Para un óptimo aproveitamento do curso establécese un límite máximo de 40 participantes, seleccionados pola dirección do curso. Os criterios concretos serán:
-60%: persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.
-40%: as persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde.

Calendario

O Curso terá lugar desde o 17 de setembro ata o 4 de decembro de 2020. A docencia será non presencial, en todo caso, por mor da pandemia do COVID-19 e as dificultades para garantir a distancia de seguridade recomendada polas autoridades sanitarias. Haberá dúas modalidades de docencia: a sincrónica (en diferido) desenvolverarse pola plataforma TEMA, fundamentalmente e, por outro lado, a docencia diacrónica (en directo) que se levará a cabo polo Campus remoto da Universidade de Vigo. A docencia está organizada para impartirse os martes e xoves, fundamentalmente, entre ás 16:30h. e as 20:30h, cós descansos que se consideren oportunos.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Inaguración
Lección maxistral impartida o comezo do curso por unha persoa experta na materia da negociación colectiva. Fundamentalmente do ámbito académico ou de relancia xurídica.
Concertación social e negociación colectiva
I. Participación institucional e concertación social (concepto, experiencias, o papel dos sindicatos e axentes sociais, especial referencia a Galicia –histórica e actual-…)
II. A negociación colectiva no modelo constitucional e legal español:
1. Marco xeral
2. A negociación colectiva estatutaria:
a. Suxeitos negociadores (lexitimación inicial, deliberante e decisoria)
b. Estrutura da negociación colectiva, unidades de negociación e concorrencia de convenios
c. Duración dos convenios, denuncia, prórroga e ultraactividade
3. A negociación colectiva extraestatutaria e informal.
4. Procedemento de negociación. O deber de negociación de boa fe. Análise de xurisprudencia e casos prácticos
5. Puntos críticos dos convenios e acordos colectivos (salario, tempo de traballo, seguridade e saúde)
6. A inaplicación de convenios
7. Interpretación e aplicación dos convenios. Comisións Paritarias. Proceso de conflito colectivo
8. A xestión do convenio colectivo. Rectificacións, depósito, rexistro, impugnación de oficio, publicación

Comunicación e intelixencia emocional
I. A comunicación como factor clave nas negociacións laborais individuais e colectivas. Comunicación verbal e no verbal. Teoría e práctica.

II. A intelixencia emocional.

III. Estilos de negociación e test de negociación. Análise individualizado do perfil negociador de cada alumno/a.

Aspectos estratéxicos da negociación
I. A negociación individual: aspectos estratéxicos e de contido específicos.
II. A mesa negociadora, a plataforma de negociación e a banda negocial. Selección das materias importantes na negociación.
III. Técnicas de negociación



Os acordos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos e individuais
I. O AGA.
II. Outros sistemas extraxudiciais de solución autónoma de conflitos individuais e colectivos: o ASAC, o SERCLA, o PRECO...

Clausura
Lección maxistral impartida por unha persoa experta no ámbito das relacións laborais, fundamentalmente do ámbito universitario ou xudicial.

MÓDULOS PRÁCTICOS:
Concertación social e negociación colectiva
I. Participación institucional e concertación social (concepto, experiencias, o papel dos sindicatos e axentes sociais, especial referencia a Galicia –histórica e actual-…)


II. A negociación colectiva no modelo constitucional e legal español:
1. Marco xeral
2. A negociación colectiva estatutaria:
a. Suxeitos negociadores (lexitimación inicial, deliberante e decisoria)
b. Estrutura da negociación colectiva, unidades de negociación e concorrencia de convenios
c. Duración dos convenios, denuncia, prórroga e ultraactividade
3. A negociación colectiva extraestatutaria e informal.
4. Procedemento de negociación. O deber de negociación de boa fe. Análise de xurisprudencia e casos prácticos
5. Puntos críticos dos convenios e acordos colectivos (salario, tempo de traballo, seguridade e saúde)
6. A inaplicación de convenios
7. Interpretación e aplicación dos convenios. Comisións Paritarias. Proceso de conflito colectivo
8. A xestión do convenio colectivo. Rectificacións, depósito, rexistro, impugnación de oficio, publicación

Comunicación e intelixencia emocional
I. A comunicación como factor clave nas negociacións laborais individuais e colectivas. Comunicación verbal e no verbal. Teoría e práctica.

II. A intelixencia emocional.

III. Estilos de negociación e test de negociación. Análise individualizado do perfil negociador de cada alumno/a.

Aspectos estratéxicos da negociación
I. A negociación individual: aspectos estratéxicos e de contido específicos.

II. A mesa negociadora, a plataforma de negociación e a banda negocial. Selección das materias importantes na negociación.

III. Técnicas de negociación


Análise de casos reais e práctica
Experiencias en mediacións e arbitraxes
Taller de negociación (xogo de roles)


Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 30 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a, ou mediante o pago con tarxeta.

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato, 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811950 /986 816554
E-mail: posgrao@uvigo.es / negociado.formacionpermanente@uvigo.es

Sistema de avaliación

-Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas a distancia, tanto da docencia sincrónica coma na modalidade diacrónica.
-Superación dos cuestionarios teórico-prácticos correspondentes a cada tema do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos