LibreOffice, Calc nivel avanzado (Modalidade virtual)

Información do curso

LibreOffice, Calc nivel avanzado (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCIXUG
Nome LibreOffice, Calc nivel avanzado (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

LibreOffice, Calc nivel avanzado insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está xestionada polo CIXUG.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O paquete ofimático LibreOffice vén evolucionando dun xeito progresivo durante os últimos anos, ata converterse nunha das opcións de maior calidade para cubrir as necesidades de calquera posto de traballo relacionado coa ofimática. Ao ter unha licenza libre, ser multiplataforma e atoparse traducido completamente ao galego, fai que sexa unha boa opción para o seu uso en calquera posto dentro da Administración Pública Galega.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 23/06/2020 12:00 - 31/07/2020 23:59
Período de docencia 14/09/2020 - 16/10/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

As persoas participantes terán que ter coñecementos básicos no manexo de follas de cálculo.

Obxectivos

  • Aplicación das funcións usadas acotío.
  • Levar á práctica fórmulas compostas de varias funcións.
  • Análise de erros de sintaxe e busca de solucións.
  • Aplicación de solucións para contornas reais.
  • Explotación de datos almacenados na folla de cálculo.

Calendario

Do 14 de setembro ao 16 de outubro.

Programa

Tema 1. Contorna de traballo:
            Localización de ferramentas.

Tema 2. Formateado de celas e páxinas:

Tema 3. Funcións:
             Texto.
             Matemáticas.
             Condicionais.
             Estatísticas.
             Bases de datos.

Tema 4. Series personalizadas:
            Casos de uso.

Tema 5. Series personalizadas:
            Casos de uso.

Tema 6: Validar datos:
            Criterios e filtros.

Tema 7: Táboas dinámicas:
            Deseño e edición.

Impartido en

Modalidade virtual. O curso desenvolverase na plataforma do CIXUG: https://www.cursos.cixug.es.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.

Profesorado

Rafael Rodríguez Gayoso

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos