Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implantalo (Modalidade virtual)
Información do curso
Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implantalo (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPFLIPP20 | ||||
Nome | Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implantalo (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O novo escenario educativo derivado da crise da COVID-19 esixe de docentes e alumnado a adaptación a novos enfoques metodolóxicos e estratexias docentes que aproveiten ao máximo as posibilidades da docencia en liña, pero tamén das sesións presenciais nas novas condicións que vaiamos atopar. O flipped learning é un enfoque que parte da optimización das sesións presenciais mediante o traslado das actividades que requiren menor carga cognitiva a espazos online, baixo a responsabilidade do alumnado no seu fogar, polo que achegarse dun xeito práctico ao modelo pode ser moi útil no contexto actual. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implantalo insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 27/05/2020 12:00 - 22/06/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 29/06/2020 - 19/07/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Comprender o enfoque pedagóxico do flipped learning.
- Identificar os elementos do flipped learning especialmente útiles na docencia semipresencial.
- Deseñar unidades de aprendizaxe baixo o enfoque do flipped learning.
- Explorar as posibilidades de Moodle e Microsoft Teams para centralizar o proceso de ensino-aprendizaxe en situacións de presencialidade e semipresencialidade.
- Implantar metodoloxías de comunicación aberta entre equipos.
- Aplicar ferramentas para a creación e distribución de contidos docentes dixitais.
Calendario
Do 29 de xuño ao 19 de xullo.
Programa
- Que é o Flipped Learning e por que usalo.
- Principios básicos do Flipped Learning: modelo FLIPTM e alternativas.
- Principios de deseño instrucional e deseño de unidades de aprendizaxe en flipped learning.
- O learning management system (LMS) como centro organizador do curso: posibilidades de Moodle e Microsoft Teams.
- Ferramentas para a creación e distribución de contidos docentes dixitais.
- Ferramentas para a curación de contidos docentes.
Impartido en
Modalidade virtual. A través da plataforma FaiTIC.
Observacións
Acreditación da superación do curso:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que acaden a calificación de apto/a.
Profesorado
Alberto Dafonte Gómez
Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade e coordinador do Grupo de Innovación Docente Dixitais. Mestrado en Educación e TIC (UOC), Doutor en Publicidade e Relacións Públicas e Licenciado no Grao en Comunicación Audiovisual (Universidade de Vigo).
Andrés Fraga Pérez
Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Mestrado em Comunicación e Industrias Creativas (USC) e Graduado en Fotografía e Imaxe Dixital (UPC). Fotógrafo profesional especializado en arquitectura e produto.