Atopa o teu curso

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA


Tipo Curso de Formación
Código F1052001
Nome CURSO DE FORMACIÓN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 60
Información de contacto:  
 · Teléfono 636694616
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Ciencias da Educación

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/04/2020 12:12 - 01/09/2020 12:14
Período de matrícula 01/04/2020 12:16 - 11/09/2020 12:16
Período de docencia 14/09/2020 - 24/11/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 18
Número máximo de participantes 35
Créditos teóricos 3
Créditos prácticos 3

Destinatarios/as

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2. Alumnos/as da universidade,
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade.
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos profesionais non relacionados coa especialidade.

Condicións de acceso

Comprensión oral e escrita da lingua galega

Criterios de selección

1. Persoas que, en lista de espera, solicitaron o curso anteriormente e non puideron acceder a el.
2. Alumnos da Universidade de Vigo, que cursaron ou cursan estudos no Campus de Ourense.
3. Titulados ou alumnos doutras universidades.
4. Persoas alleas á Universidade.

Calendario

luns, martes e mércores: de 18 a 20 horas.
(O horario poderá axustarse ás necesidades dos alumnos en caso de consenso; por exemplo: de 19 a 21 h.)

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Ramón Gutiérrez Izquierdo
A singularidade da linguaxe literaria.
As formas naturais de literatura.
Elementos estruturais da narrativa 1: argumento, trama, modalización, enfoque.
Elementos estruturais da narrativa 2: personaxes.
Elementos estruturais da narrativa 3: o espazo e o tempo.
Elementos estruturais da narrativa 4: narración, descrición e diálogo.
Visibilidade e construción dunha escena.
Figuras retóricas e estilo.
O mundo medieval e o mito.
Narración e ideoloxía.
A visión da historia no espello do relato.
A eficaz plasmación das emocións no texto narrativo.
O engado do misterio como motivo literario.
O interese do conto realista como forma de autocoñecemento.
Parodia, ironía e intertextualidade.
A radiografía social no texto narrativo.
A inversión dos valores épicos no relato contemporáneo.
A irrupción do elemento fantástico na narrativa


Xosé Carlos Caneiro Pérez
O retrato, a descrición, análise de retratos e descricións no conto e na novela.
O diálogo, a transformación, análise do diálogo e a transformación na novela.
A ligazón de recordos, a experiencia.
Comentario de textos narrativos que recollen a ligazón de recordos e a experiencia.
O relato a partir de palabras clave.
Análise de relatos breves a partir de palabras clave.
Comentario de personaxes e conflitos nas novelas.
Creación de conflitos e creación de personaxes.
Análise de relatos marabillosos, fantásticos e realistas.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Xosé Carlos Caneiro Pérez
Práctica da creación literaria 1: o retrato.
Práctica da creación literaria 2: a descrición.
Práctica da creación literaria 3: o diálogo.
Práctica da creación literaria 4: a transformación.
Práctica da creación literaria 5: a ligazón dos recordos.
Práctica da creación literaria 6: a experiencia.
Práctica da creación literaria 7: o relato a partir de palabras clave.
Práctica da creación literaria 8: a creación de conflitos e personaxes.
Práctica da creación literaria 9: a construción de relatos marabillosos e fantásticos.
Práctica da creación literaria 10: a construción de relatos realistas.


Ana Iglesias Álvarez
Creación a partir do remuíño de ideas.
Creación a partir da voz narradora.
Creación a partir do contexto.
A cohesión estrutural do relato.
A gramática textual no relato.
A coherencia da temporalidade verbal.
A lectura en voz alta: volume, entoación, pausas e xestualidade.
Protocolos para a presentación escrita dunha narración.
Suxestións para a mellora dun texto narrativo.
Comentarios dos textos elaborados.

Modo de pagamento

O importe do pagamento é de 49,84 €.

O pagamento faráse efectivo mediante pago con tarxeta a través de Bubela.€.

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio anexo a Xerencia 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 816 554
E-mail: negociado.formacionpermanente@uvigo.es

Sistema de avaliación

* É un curso presencial. Requírese asistencia (mínimo 85%).
* Elaboración dun relato breve (texto de 2 folios por unha cara, Times New Roman, corpo 12, interliñado 1´5, xustificado) que debe presentarse ao final do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos