DESCUBRE O SEGREDO DA VERDADEIRA BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

Información do curso

DESCUBRE O SEGREDO DA VERDADEIRA BUSCA ACTIVA DE EMPREGO


Tipo Actividade de formación
Código AEE/2020/BAE/1
Nome DESCUBRE O SEGREDO DA VERDADEIRA BUSCA ACTIVA DE EMPREGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Descrición

A busca de emprego nunca foi unha tarefa fácil. Sempre houbo períodos con mais demanda e outros con menos, segundo a situación económica e social do momento. Pero independentemente da demanda, un factor chave á hora de atopar un emprego é a proatividade da persoa candidata.

Neste período que nos está tocando vivir, os efectos que vai causar a crise da pandemia do Covid-19 non parece que vaian ter precedentes a nivel mundial. Neste contexto, as empresas van necesitar mais que nunca talento humano que lles axude a superar a delicada situación actual.

Conscientes da complexa situación actual, nova e descoñecida para todos e todas, desde a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, queremos seguir apostando pola empregabilidade do alumnado e das persoas recen tituladas na nosa universidade. Para isto, e adaptándonos ás novas modalidades de docencia, pomos a disposición da comunidade universitaria un curso online para que durante o seu confinamento siga traballando o seu desenvolvemento profesional.

Información de contacto:  
 · Teléfono +34 986 818 710
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Mª Reyes Fernández González

Técnica Superior en Orientación Laboral

Área de Emprego e Emprendemento

Universidade de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/04/2020 09:30 - 14/04/2020 14:30
Período de matrícula 01/04/2020 09:30 - 14/04/2020 14:30
Período de docencia 15/04/2020 - 15/05/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 100
Créditos teóricos 1
Créditos prácticos 2
Créditos ECTS 1

Destinatarios/as

Estudantes co 70% dos créditos da titulación a cursar superados ou recentemente tituladas/os da Universidade de Vigo

Obxectivos

Este curso proporcionará ferramentas necesarias para que ao final da formación o alumnado participante sexa capaz de:

  • definir obxectivos e metas persoais e profesionais
  • coñecer o concepto de busca activa de emprego (e a súa diferencia coa busca pasiva)
  • planificar a busca de emprego
  • coñecer ferramentais habituais de mellora da empregabilidade (autocandidatura, curriculum vitae, carta de presentación, Linkedin)
  • por en práctica habilidades precisas para superar con éxito un proceso de selección e/ou entrevista laboral.

Condicións de acceso

Estudantes co 70% dos créditos da titulación a cursar superados ou recentemente tituladas/os da Universidade de Vigo

Criterios de selección

Por rigorosa orde de rexistro.

Calendario

Este curso está pensado para que cada estudante decida o seu propio ritmo de aprendizaxe, tendo en conta soamente os seguintes prazos.

- Data de remate do curso: 15/05/2020

- Data de entrega dos exercizos (para ter dereito ao título e á posible convalidación): 22/05/2020

Programa

Unidade Didáctica 1: COÑECER A SITUACIÓN

  1. Autocoñecemento
  2. Mercado laboral

III. Procedemento de busca de emprego

Unidade Didáctica 2: VÍAS DE ACCESO AO EMPREGO.

  1. Intermediarios da empresa privada
  2. Intermediarios da Administración Pública

Unidade Didáctica 3: CÓMO PRESENTARNOS ÁS EMPRESAS

  1. Curriculum vitae
  2. Carta de presentación

III. Busca de emprego 2.0, marca persoal e identidade dixital

Unidad Didáctica 4: A BUSCA DE EMPREGO EN EUROPA

  1. Traballar en Europa: Un dereito/Unha oportunidade
  2. EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, servizo de apoio á mobilidade

III: O teu Primeiro Traballo EURES – FSE (Your first EURES job: supporting your mobility)

Unidad Didáctica 5: SUPERAR O PROCESO DE SELECCIÓN

  1. Entrevista
  2. Pruebas profesionales

III. Dinámicas de grupo

  1. Tests psicotécnicos

Modo de pagamento

De balde

Impartido en

Online

Titulación

Os cursos serán certificados pola Universidade de Vigo. A formación para o estudantado será recoñecida por créditos ECTS (pendente de confirmación).

Profesorado

Mª Reyes Fernández González. Licenciada en Pedagoxía cun posgrao de especialización en Orientación Laboral, leva mais de 20 anos traballando como técnica Superior en Orientación Laboral da Área de Emprego da Universidade de Vigo. Ademais, é profesora asociada na Universidade de Vigo, e é autora de varios artigos especializados en formación e procesos de inserción laboral de distintos colectivos.

Sistema de avaliación

Cada unidade didáctica consta dunha serie de presentacións, onde se desenvolven os contidos principais, e dunha serie de exercicios nos que se aplican estes contidos ao proceso persoal de busca activa de emprego de cada participante no curso.

Os exercicios deben ser entregados por mail (insercionlaboral@uvigo.es) antes do 22 de maio, para que a docente do curso os corrixa e devolva os seus comentarios ao alumnado participante.

Terán dereito a diploma, ás persoas que entreguen os exercízos en prazo e forma.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos