Curso de redacción e estilo

Información do curso

Curso de redacción e estilo


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00043
Nome Curso de redacción e estilo
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 40
Descrición

Escribir pode ser unha tarefa actractiva se adquirimos certas habilidades e coñecementos que melloran, e moito, os nosos textos. Por iso un curso de redacción e estilo pode representar unha oportunidade para achegar coñecementos de estilo e de redacción a quen se enfronta diariamente coa tarefa de producir escritos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 03/02/2020 09:00 - 20/02/2020 14:00
Período de docencia 03/03/2020 - 17/04/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1.3

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria

Obxectivos

  1. Coñecer e valorar o concepto de lexibilidade, así como reflexionar sobre as variables que inflúen na lexibilidade dun texto e saber diferenciar rexistros para axustar os niveis de expresión a cada situación comunicativa.
  2. Valorar a utilidade de planificar e ordenar a información dos nosos textos, ademais de fixar as cuestións que debemos ter en conta á hora de redactar e revisar o que escribimos.
  3. Adquirir os coñecementos necesarios para redactar textos cunha linguaxe clara, precisa e adecuada; coa idea de coñecer as pautas básicas para emitir e recoñecer textos ben escritos.
  1. Perfeccionar a expresión escrita, para chegar a elaborar textos expresivos e correctos, que teñan en conta aspectos como a adquisición de destrezas no uso correcto da puntuación.

 

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

 

Calendario

É un curso virtual.

Programa

  1. Claves para unha redacción eficaz 
  2. Comezar a escribir 
  3. Para redactar ben 
  4. Puntuar un texto 
  5. Abreviacións 
  6. Maiúsculas e minúsculas 
  7. Recursos tipográficos 
  8. Lingua e usos non-sexistas 
  9. Palabras de ortografía dubidosa 
  10. A revisión do texto 
  11. Redacción de documentos 
  12. Lingua galega: actualidade e ferramentas TIC 

 

 

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 1,3 créditos ECTS.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.

Data da proba final en liña: 21 de abril, de 17.00 a 17.45 h

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos