Atopa o teu curso

Información do curso

Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00042
Nome Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade semipresencial
Horas 20
Descrición

Saber realizar un traballo de investigación é fundamental, e comunicalo ten a mesma importancia. Así pois, é imprescindible redactar con corrección os traballos académicos e saber expresar as ideas para expoñer os resultados dun TFG ou dun TFM.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 03/02/2020 09:00 - 20/02/2020 14:00
Período de docencia 02/03/2020 - 16/04/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 0.7

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

1. Producir documentos de calidade tendo en conta os elementos da escrita académica.

2. Mellorar a redacción do traballo académico no idioma vehicular da titulación.

3. Coñecer os elementos especiais do texto.

4. Saber como revisar o texto.

5. Saber como elaborar a bibliografía

6. Coñecer como facer relato eficiente na exposición do TFG ou TFM

7. Traballar para crear un discurso eficaz na exposición.

8. Incidir nos elementos fundamentais para unha boa posta en escena.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

É un curso semipresencial.

Docencia en liña: do 2 ao 20 de marzo de 2020

Docencia presencial

     Horario: de 16.00 a 18.30 h

     Campus de Ourense: os martes 30 de marzo e 13 de abril de 2020 (Facultade de Dereito)

     Campus de Vigo: os mércores 1 e 15 de abril de 2020 (Facultade de Filoloxía e Tradución)

     Campus de Pontevedra: os xoves 2 e 16 de abril de 2020 (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación)

           

           

 

Programa

  1. A comunicación escrita 
    • Claves para unha redacción científica eficaz
    • As habilidades textuais (adecuación, coherencia, cohesión, gramaticalidade e retórica)
  2. A redacción 
    • A tipoloxía textual
    • O parágrafo: problemas na redacción e organización de parágrafos
    • A oración: problemas na redacción da oración
    • Regras para mellorar a redacción
  3. Elementos especiais no texto 
    • As citas. Evitar o plaxio
    • As abreviacións
    • Outros recursos tipográficos diacríticos
  4. A revisión do traballo científico 
    • A revisión do contido
    • A revisión da lingua
    • Recursos de revisión
  5. Referencias bibliográficas (ou bibliografía) 
  6. Presentar e expoñer de maneira eficaz 
    • Como preparar unha presentación
    • A execución: inicio, desenvolvemento e peche
    • Buscando aliados: a voz e a linguaxe non verbal

 

 

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución 

Ourense: Facultade de Dereito 

Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación 

Observacións

O curso estará recoñecido con 0,7 créditos ECTS.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

 

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

Para obter o diploma correspondente, é obrigatorio realizar o 100 % das actividades virtuais propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %. Na parte presencial, requírese a asistencia ao 85 % das clases, ademais de superar a proba de avaliación establecida polo profesorado.

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos