Boas prácticas ante a exposición a axentes biolóxicos

Información do curso

Boas prácticas ante a exposición a axentes biolóxicos


Tipo Taller
Código SPRLFVI1900901
Nome Boas prácticas ante a exposición a axentes biolóxicos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 5
Descrición

A finalidade deste taller é dar a coñecer e analizar os axentes biolóxicos que poden orixinar riscos laborais, proporcionando as ferramentas para aplicar as medidas preventivas correspondentes.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 40 88
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

FREMAP, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, e o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 06/11/2019 09:00 - 20/11/2019 14:00
Período de docencia 27/11/2019 - 27/11/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Este taller vai dirixido a persoal de administración e servizos, a persoal docente e a persoal investigador do Campus de Vigo que, pola súa actividade laboral, esté exposto a riscos biolóxicos.

Obxectivos

  • Xestionar o risco biolóxico na actividade laboral: identificación, clasificación e criterios de avaliación.
  • Previr os accidentes debido á utilización de material cortante e punzante.
  • Dar a coñecer as boas prácticas asociadas ao uso dos equipos de protección individual fronte ao risco biolóxico.
  • Coñecer a actuación a seguir en caso dunha emerxencia biolóxica.

Criterios de selección

Por orden de inscrición.

Calendario

Data: 27 de novembro de 2019

Horario: 09.00 h. a 14.00 h.

Programa

Módulo 1. Axentes biolóxicos.

  • Normativa de aplicación.
  • Concepto de axente biolóxico e a súa clasificación.
  • Vías de entrada.
  • Cadea de infección.

Módulo 2. Dispositivos de bioseguridade.

  • Conceptos básicos sobre bioseguridade.
  • Normativa sobre os dispositivos de bioseguridade.
  • Integración da bioseguridade na empresa.
  • Boas prácticas no uso e na xestión dos dispositivos de bioseguridade.

Módulo 3. Equipos de Protección Individual.

  • Definición de Equipos de Protección Individual (EPI).
  • Diferenciación entre produto sanitario e EPI. Produtos de uso dual.
  • Boas prácticas no uso dos EPI.

Módulo 4. Emerxencias biolóxicas.

  • Definición de emerxencia biolóxica.
  • Protocolo de actuación ante unha emerxencia biolóxica.

Impartido en

Na aula 5 da Facultade de Bioloxía.

Profesorado

Dª. Isabel Rincón Mancheño, doutora en Bioloxía, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais en Seguridade, Hixiene e Ergonomía. A súa actividade profesional céntrase na especialidade de Hixiene Industrial participando como experta en numerosas actividades de divulgación e formativas. Na actualidade é integrante do Comité de Equipos de Protección Individual de FREMAP.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos