Atopa o teu curso

Información do curso

Edición sinxela de vídeo e son para a publicación e difusión web (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPVIDS19
Nome Edición sinxela de vídeo e son para a publicación e difusión web (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 18
Descrición

A actividade formativa busca fornecer ao profesorado de técnicas de produción de vídeo a través do emprego de ferramentas libres e recursos de publicación web da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Edición sinxela de vídeo e son para a publicación e difusión web insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa (Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/11/2019 12:00 - 29/11/2019 23:59
Período de docencia 10/12/2019 - 13/12/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Poñer en práctica técnicas relacionadas coa edición de vídeo.

  • Realizar pezas audiovisuais para colgar na web.

Calendario

Desenvolverase os días 10, 11, 12 e 13 de decembro de 16 a 20.30 horas.

Programa

1. Edición de vídeo:
- Recortar marxes do vídeo.
- Recortar esceas.
- Xuntar esceas.

2. Edición de audio:
- Mezclar varias pistas de audio.
- Cortar.
- Unir.

 3. Difusión web:
- Recursos de publicación web de vídeos da Universidade de Vigo.
- Youtube.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala III do edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80% das sesións.

Profesorado

Luis Pena Morandeira

Licenciado en Comunicación Audiovisual e Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo. É responsable de produción en UVigo-TV. Ocúpase da dirección de persoal, da formación, xestión, compra, realización multicámara, edición, gravación ENG, PTZ e DSLR, son e produción de vídeo. Coordinou o servizo de videoconferencia da Universidade de Vigo, foi realizador para Canarl Vía e foi operador de cámara.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos