Formación do profesorado universitario novel (Modalidade virtual)

Información do curso

Formación do profesorado universitario novel (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPFOR
Nome Formación do profesorado universitario novel (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 60
Descrición

A actividade formativa está destinada para que o profesorado novel  mellore as súas competencias docentes relacionadas coas metodoloxías, recursos didácticos tecnolóxicos, comunicación, acción titorial e avaliación por competencias.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Formación do profesorado universitario novel (modalidade virtual) insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/01/2020 12:00 - 31/01/2020 23:59
Período de docencia 03/02/2020 - 30/06/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada fundamentalmente ao persoal investigador (FPI, FPU etc) e profesorado axudante e axudante doutor de recente incorporación.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Comprender as competencias, coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver a profesión docente universitaria.
  • Identificar as diferentes metodoloxías activas.
  • Xerar recursos didácticos co apoio da tecnoloxía.
  • Aplicar diferentes tipos de acción titorial.
  • Desenvolver unha comunicación educativa eficaz.
  • Avaliar por competencias.
  • Deseñar un recurso didáctico.

Calendario

O curso impartirase desde o o 1 de febreiro ao 29 de maio.

Programa

1. Coñecementos e competencias do profesorado universitario:
   -Aproximación conceptual segundo a lexislación vixente.
   -As competencias específicas disciplinares, profesionais e académicas.
   -As competencias transversais: instrumentais, persoais e sistemáticas.
   -Reflexionar e investigar sobre o ensino.

Docente: Margarita PinoJuste.
Duración:  5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.

2. Deseño dun sistema metodolóxico:
   -As competencias na educación superior.
   -Determinación de obxectivos e resultados de aprendizaxe.
   -Os contidos curriculares: selección e secuenciación.
   -Definición da metodoloxía.
   -Actividades e recursos.
   -Avaliación.

Docente: Margarita Pino Juste.
Duración:  5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.


3. Metodoloxías activas e innovadoras na aula:
   -Vantaxes da utilización de metodoloxías activas na educación superior.
   -Aprendizaxe baseada en proxectos.
   -Técnicas de grupo.
   -Aprendizaxe cooperativa.
   -A dramatización.
   -Aprendizaxe-Servizo.

Docente: Margarita Pino Juste.
Duración:  5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.


4. Recursos didácticos e apoia da tecnoloxía:
   -Tipoloxía de recursos didácticos.
   -Papel da tecnoloxía na formación universitaria.
   -Xestión e condicións para o aproveitamento dos recursos da aula.
   -Orientacións para o deseño de prácticas de aula.
   -Aproveitamento metodolóxico da plataforma de teledocencia.
   -Pautas para a avaliación de recursos educativos.
   -Funcionalidades, xestión e aproveitamento docente na Secretaría virtual.

Docente: María Carmen Ricoy Lorenzo.
Duración:  15 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 15 ítems.

 

5. Comunicación co alumnado e dinámicas de grupo:
   -Claves para unha comunicación educativa eficaz.
   -Ferramentas para acadar unha comunicación didáctica na aula.
   -A comunicación non verbal na aula.
   -Obstaculizar vs. favorecer a comunicación.
   -Dinámicas de grupo.

Docente: Fernando Melgosa.
Duración:  5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.


6. Acción titorial:
   -Papel da titoría na universidade.
   -Modelos de titorización no contexto universitario.
   -O plan de acción titorial.
   -Metodoloxía das reunións do PAT.
   -Orientacións para o desenvolvemento das sesións de titoría.
   -Cuestións sobre a titoría que preocupan ao profesorado.

Docente: María Carmen Ricoy Lorenzo.
Duración:  6 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 15 ítems.
    

7. Avaliación por competencias:
   -Avaliar e cualificar.
   -Tipos de avaliación: inicial, formativa e continua.
   -Técncias e instrumentos de avaliación.
   -Procedementos de avaliación.

Docente: Margarita Pino Juste.
Duración:  5 horas.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.

8. Seminario práctico: Deseño dun recurso didáctico.
   -Orientacións para o deseño de recursos didácticos.
   -Pautas para a presentación e divulgación docente.
   -Outros medios de difusión do material didáctico.
   -Exposicións e debate (sesión presencial).
 
Docente: María Carmen Ricoy Lorenzo.
Duración: 14 horas. (10+4 horas en seminario presencial).
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.

Impartido en

Modalidade virtual.

Seminariopresencial final de 4 horas aínda sen concretar día.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas acaden a calificación de apitude no curso.

Profesorado

Margarita Pino Juste

Catedrática do Departamento de Didáctica, organización escolar e métodos de investigación.

María del Carmen Ricoy

Profesora titular do Departamento de Didáctica, organización escolar e métodos de investigación.

Fernando J. Melgosa Rodríguez

Profesor do Departamento de Ciencias Históricas e Xeografía da Universidade de Burgos.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos