Taller de reanimación cardiopulmonar (11:00 a 11:45)
Información do curso
Taller de reanimación cardiopulmonar (11:00 a 11:45)
Entidades organizadoras
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo e o SERGAS.
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
O persoal de administración e servizos, o persoal docente e investigador e o alumnado da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Divulgar as técnicas de Soporte Vital Básico (SVB)
- Dar a coñecer a cadea de supervivencia incidindo nos tres primeiros eslabóns
Criterios de selección
Por orden de inscrición.
Nota: O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de outubro ou ata cubrir todas as prazas ofertadas.
Calendario
Mércores, 16 de outubro de 2019
De 11:00 a 11:45 horas.
Programa
Metodoloxía: O taller consistirá nunha parte teórica sobre diagnóstico de parada cardiorrespiratoria e nunha parte práctica sobre torsos de RCP.
- Recoñecer unha parada cardiorrespiratoria.
- Pedir axuda correctamente.
- Expoñer as indicacións da masaxe cardíaca e animar a realizalo facendo fincapé na realización dunha masaxe cardíaca continua e de calidade cunha técnica correcta.
- Expoñer as situacións nas que pararemos as manobras de masaxe cardíaca.
- Respiracións de rescate: técnica e indicacións.
- Explicar que é un Desfibrilador Externo SemiAutomático (DESA) e como se usa.
- Primeiros auxilios: explicar o algoritmo de actuación nas situacións de obstrución da vía aérea: atragoamento (OVACE) e posición lateral de seguridade.
Impartido en
No Salón de Actos da EE Industrial (Campus Lagoas, Marcosende)
Observacións
https://www.cercp.org/images/stories/recursos/posters/RESTART-A-HEART_2019_A2_es_P1.pdf
Profesorado
Persoal sanitario do Servizo de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro.