Cuestións éticas na investigación con seres humanos: fundamentos, características e avaliación (Campus de Vigo)

Información do curso

Cuestións éticas na investigación con seres humanos: fundamentos, características e avaliación (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPET19VI
Nome Cuestións éticas na investigación con seres humanos: fundamentos, características e avaliación (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

Todas as investigacións, que sexan realizadas por persoal docente de investigación ou por estudantes en formación (TFG, TFM e tese de doutoramento) e que utilicen seres humanos, os seus datos e as súas mostras como material de investigación, requiren unha avaliación ética como paso previo para comezalas.

Esta avaliación ética tamén é necesaria cando o deseño metodolóxico inclúe entrevistas, cuestionarios, ensaios, observación directa, gravacións de vídeo ou audio, experimentos de laboratorio e campo, ensaios e probas normalizados, análises económicas, etnográficas, avaliacións etc. De feito, estes enfoques poden diferir considerablemente ou apenas, dos dos estudos biolóxicos e biomédicos altamente regulados pola súa necesidade de persoas, das súas mostras e dos seus datos, como suxeitos de estudo.

En ciencia a avaliación científica e a avaliación ética considéranse complementarias. Non hai avaliación científica que poida obviar o valor social do coñecemento e das súas aplicacións esperables ao analizar as hipóteses, a metodoloxía, os antecedentes ou a capacitación do equipo, nin avaliación ética que ignore que unha metodoloxía incorrecta non pode compensarse cunha correcta protección da confidencialidade ou un aseguramento do dano impecables. De feito, é evidente que un proxecto de investigación  metodolóxicamente incorrecto é eticamente inaceptable, especialmente se se realiza con persoas.   

A historia e a experiencia demostraron amplamente que o autocontrol é insuficiente e hoxe en día considéranse necesarias as avaliacións de proxectos de investigación de organismos independentes antes de comezar.

Este seminario pretende expoñer por que todas as investigacións, incluída a investigación supervisada que utilice seres humanos, require a avaliación dun Comité de ética e quen, cando e como solicita e realiza a avaliación ética.

A composición plural dos Comités de ética, o coñecemento e experiencia en ciencias biomédicas, biolóxicas, sociais, xurídicas e do comportamento, a capacidade de deliberar e transparentar as súas análises e informes son outra garantía que amosa que a investigación nestes campos está feita do mellor xeito posible, e para conseguir un ben social e protexer ás e os participantes.

Esta actividade forma parte das liñas de accións do selo HR. Este selo busca mellorar o futuro profesional do personal investigador. Podes consultar máis información en: https://www.uvigo.gal/es/investigar/idi-uvigo/estrategia-investigadora/estrategia-personal-investigador-hrs4r .

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Cuestións éticas na investigación con seres humanos: fundamentos, características e avaliación insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está coorganizada pola  Vicerreitoría de Investigación e a Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 16/09/2019 12:00 - 06/10/2019 23:59
Período de docencia 22/10/2019 - 15/11/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Comprender a importancia dos criterios éticos á hora de realizar investigacións con seres humanos.

  • Distinguir as funcións dos Comités de Ética da Investigación.

  • Identificar os tipos de investigación realizadas con seres humanos.

  • Aplicar boas prácticas científicas á investigación con seres humanos.

Calendario

Parte presencial (4 horas):
22 de outubro de 16 a 20 horas.

Parte a distancia (4 horas):
Do 23 ao 31 de outubro.

Programa

  • Tipos de investigación:
    As investigacións en Ciencias Biolóxicas, Biomédicas, Sociais, Xurídicas e da Conduta: Seres humanos, as súas mostras e/ou os seus datos como suxeitos de investigación.
  • Fundamentos, valores e normas:
    Ética, lexislación e Boas prácticas científicas na investigación con seres humanos. 

  • Aspectos problemáticos na investigación con seres humanos: enquisas e voluntariedade, recrutamento, confidencialidade, consentimento informado, aseguramento do dano, vulnerabilidade.  

Impartido en

Campus de Vigo. Sala I do edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan a toda a sesión presencial do curso e obteñan a cualificación de apto/a na parte non presencial.

Profesorado

María Jesús Marcos Muñoz

Licenciada en Ciencias, sección Bioloxía pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU). Experta en Bioética pola Escola Andaluza de Saúde Pública e Magister en Bioética pola UCM. É Técnica de ética na investigación universitaria e Secretaria técnica dos cómites de ética da UPV/EHU.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos