Atopa o teu curso
Información do curso
Encontro de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento para o PDI (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPXOR19VI | ||||
Nome | Encontro de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento para o PDI (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 8 | ||||
Descrición | Este encontro está pensado como foro de reflexión entre o PDI da Universidade de Vigo que traballa en temas relacionados coa Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD) ou que esté interesado nesta. O PDI poderá participar en tres modalidades: Ao facer a preinscrición pediráselle que sinale a modalidade. O PDI que presente un traballo de investigación ou docencia en CUD terá que enviar un resumo da súa experiencia (máximo 200 palabras) e a presentación en formato pecha-kucha: Nesta ligazón ten as indicacións para realizalas. As presentacións pecha-kucha enviarnase a innovacion.educativa@uvigo.es antes do 22 de setembro. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O Encontro de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento para o PDI insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está coorganizada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e a Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 09/09/2019 12:00 - 23/09/2019 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 26/09/2019 - 27/09/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 150 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
O encontro pretende:
- Facilitar o encontro de PDI que traballa ou está interesado en temas de CUD.
- Intercambiar experiencias de investigación e docencia no eido da CUD.
- Informar sobre as convocatorias de investigación en CUD.
- Formar en docencia sobre a CUD.
- Xerar un banco de proxectos e experiencias sobre CUD na Universidade de Vigo.
Calendario
Os días 26 de setembro (09.00-14.00) e 27 de setembro (10.00-13.15).
Programa
26 de setembro: Investigación e Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (CUD)
09.00-09.30 Inauguración do encontro
09.30-10.30 Conferencia: A Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento no marco da Axenda 2030
Silvia Arias Careaga
Directora da Oficina de Acción Solidaria e Cooperación da UAM
10.30-11.00 Café solidario
11.00-12.20 Convocatorias públicas de proxectos de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (CUD):
Carolina Diz Otero
Asesora técnica en Cooperación para o Desenvolvemento e Acción Humanitaria. Xunta de Galicia
Cristina Zazo
Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento
Eva Garea Oya
Técnica Superior da Oficina de Relacións Internacionais. Universidade de Vigo
Yolanda Molares Montero
Socia Directora Instituto para o Crecimiento Sostible da Empresa–ICSEM
12.20-14.00 Banco de proxectos CUD da Universidade de Vigo
12.20-13.00 Presentacións Pecha-Kucha do PDI da Universidade de Vigo e entidades sociais
13.00-14.00 Mesas de traballo para a elaboración de proxectos e grupos de investigación
27 de setembro: A docencia no ámbito da Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (CUD)
10.00-10.30 Estratexia da Universidade de Vigo da CUD no ámbito docente
Xosé María Mahou Lago
Director de Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo
10.30-11.00 Café solidario
11.00-13.00 Banco de proxectos CUD na docencia
11.00-11.45 Presentacións Pecha-Kucha do PDI da Universidade de Vigo e entidades sociais
11.45-13.00 Mesas de traballo sobre docencia en CUD dinamizados
13.00 Clausura do encontro e photocall
Pode descargar o programa aquí.
Impartido en
Campus de Vigo. Sala de xuntas do 3º andar do edificio Ernestina Otero.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as sesións presenciais.