Introdución á elaboración de contidos audiovisuais para a docencia (Campus de Vigo)

Información do curso

Introdución á elaboración de contidos audiovisuais para a docencia (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código AR191VI
Nome Introdución á elaboración de contidos audiovisuais para a docencia (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 6
Descrición

O curso Introdución á elaboración de contidos audiovisuais para a docencia é unha actividade formativa que é recoñecida polas Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado coma Formación Permanente do PDI.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 000
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso está orientado a experimentar cos procesos de creación de contidos audiovisuais para a docencia. Desde a xestión de arquivos dixitais ata a súa estruturación en edición e o seu exportado e publicación en redes.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 31/07/2019 12:00 - 06/09/2019 23:59
Período de docencia 13/09/2019 - 04/10/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Terán preferencia os/as docentes do Grupo de Innovación Docente GIDAAQ (Grupo de Innovación Docente para a Aprendizaxe Activa en Química).

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Xestionar arquivos dixitais de imaxe, audio e vídeo.
  • Citar os fundamentos básicos dunha ferramenta de edición de contidos audiovisuais.
  • Implantar estratexias narrativas aos contidos audiovisuais.
  • Facer accesibles os contidos ao alumnado.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

13 de setembro de 12 a 14 horas, 20 de setembro de 11 a 13 horas e 4 de outubro de 16 a 18 horas.

Programa

Sesión 1 (2 h)
Introdución ás ferramentas online para a creación de contidos audiovisuais. Automatización de contidos.
Xestión de arquivos dixitais.
Procesos de gravación de audio.
Introdución á edición de contidos audiovisuais.

Sesión 2 (2 h)
Introdución a estratexias narrativas para a creación de contidos para a docencia.
Plataforma de edición de contidos.

Sesión 3 (2 h)
Ferramentas para a curación de contidos audiovisuais.
Finalización de contidos, exportación e xestión dos contidos en rede.

Impartido en

Campus de Vigo. Laboratorio AS02 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao a todas as sesións.

Profesorado

Oswaldo García Crespo

Profesor do Departamento de Comunicación audiovisual e publicidade.

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos