Boas prácticas no uso de equipos de protección individual para persoal de laboratorios (Ourense-mañá)

Información do curso

Boas prácticas no uso de equipos de protección individual para persoal de laboratorios (Ourense-mañá)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLFOU1900701
Nome Boas prácticas no uso de equipos de protección individual para persoal de laboratorios (Ourense-mañá)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 4
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 40 88
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A finalidade deste curso é facilitar criterios de boas prácticas en relación aos seguintes equipos de protección individual:

  • Roupa e luvas de protección, química e térmica
  • Equipos de protección respiratoria
  • Protectores oculares e faciais
  • Calzado de seguridade

Entidades organizadoras

FREMAP, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, e o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/05/2019 09:00 - 30/05/2019 13:00
Período de docencia 25/06/2019 - 25/06/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 12
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta xornada vai dirixida a persoal do Campus de Ourense (PAS que realice traballos en laboratorio, PDI e responsables de laboratorio) que, pola súa actividade laboral, precisan coñecementos especializados para a correcta xestión de todos os aspectos relacionados coa selección de equipos de protección individual nos laboratorios ou talleres.

Obxectivos

Facilitar, dun modo eminentemente práctico, a elección óptima do equipo de protección individual máis axeitado.

Criterios de selección

Persoal do Campus de Ourense, por orde de inscrición.

Calendario

Data: 25 de xuño de 2019

Horario: das 09.30 h. ás 13.30 h.

Programa

Módulo 1: Normativa sobre comercialización e utilización dos EPI

  • Certificación dos EPI
  • EPI: Categoría I, II e III
  • Condicións para a utilización polos traballadores dos EPI: RD 773/1997
  • Obrigas do/a empresario/a e do persoal traballador

Módulo 2: Protección dos pés

  • Tipos e modelos de calzado de seguridade
  • Identificación e marcado de calzado

Módulo 3: Protección ocular e facial

  • Tipos e modelos: gafas de montura integral, universal e pantalla facial
  • Tipos de filtros dos oculares
  • Marcado do ocular e a montura

Módulo 4: Protección da pel

  • Luvas de protección química e biolóxica
  • Diferenciación dos diferentes tipos e modelos de luvas
  • Roupa de protección química e biolóxica
  • Marcado de luvas e roupa de protección

Módulo 5: Protección respiratoria

  • Tipos e clases de equipos de protección respiratoria
  • Diferenciación de protección respiratoria, identificación e marcado
  • Proba de axuste de diversos equipos de protección respiratoria

Impartido en

Na aula B1 do Edificio Politécnico.

Profesorado

D. Robert R. Näf Cortés, Enxeñeiro Agrónomo, licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas tres especialidades. Desde o seu ingreso en FREMAP en 2007 a súa actividade centrouse na área da hixiene industrial, participando como experto sobre axentes físicos en numerosas actividades de divulgación e formativas. Actualmente é membro do Equipo de Especialización de Equipos de Protección Individual de FREMAP.

D. David Rodríguez Pérez, licenciado en Química, Conselleiro de Seguridade no Transporte de Mercancías Perigosas, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas tres especialidades. Desde a súa incorporación a FREMAP en 2007 especializouse en risco químico. Actualmente tamén é membro do Equipo de Especialización de Equipos de Protección Individual de FREMAP.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos