HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as (diferentes modalidades: presencial/streaming/diferido)
Información do curso
HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as (diferentes modalidades: presencial/streaming/diferido)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | HRS4R | ||||
Nome | HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as (diferentes modalidades: presencial/streaming/diferido) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 8 | ||||
Descrición | A Estratexia de Recursos Humanos para investigadores/as (HRS4R) ten como obxecto contribuír ao desenvolvemento dun mercado laboral europeo atractivo para os investigadores/as. Os beneficios do selo HR para o persoal investigador son recoñecer os seus dereitos como profesional, garantir a transparencia no seu reclutamento, valorar como experiencia a súa mobilidade ou respetar o equilibrio entre a súa vida persoal e profesional. A estratexia foi posta en marcha pola Comisión Europea para apoiar ás universidades, institucións de investigación e organizacións que financian a investigación na aplicación da Carta europea do investigador/a e do Código de conducta para a contratación de investigadores/as. A Carta Europea do Investigador/a é un conxunto de principios xerais e requisitos que definen papeis, responsabilidades e dereitos dos investigadores/as, empresarios/as e provedores/as de fondos. O Código de Conducta para a Contratación de Investigadores/as, subliña a importancia dos procedementos de contratación; abertos e transparentes, e dos comités de selección diversos e experimentados.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está coorganizado pola Vicerreitoría de Investigación e a Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado.
O curso ofertarase en tres modalidades; presencial, virtual streaming e virtual diferido.
Modalidade presencial:
Calendario: 7 e 8 de maio de 10 a 14 horas.
Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Superación do curso: será necesario asistir ao 80% das horas e responder o cuestionario do curso en FaiTIC.
Modalidade virtual streaming:
O alumnado poderá seguir en tempo real a actividade formativa desde o seu ordenador e poderá participar no chat formulando preguntas aos relatores/as
Calendario: 7 e 8 de maio de 10 a 14 horas.
Superación do curso: será necesario a conexión do 80% das horas e responder o cuestionario do curso en FaiTIC.
Modalidade virtual diferido:
O alumnado poderá seguir en diferido a actividade formativa a través de FaiTIC.
Calendario: do 10 ao 16 de maio.
Superación do curso: será necesario a conexión do 80% das horas e responder o cuestionario do curso en FaiTIC.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 18/03/2019 12:00 - 03/05/2019 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 07/05/2019 - 08/05/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 200 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o PDI e persoal investigador da Universidade de Vigo.
Tamén poderá participar alumnado de doutoramento.
Obxectivos
- Describir as principais actuacións da estratexia HRS4R.
- Asociar a HRS4R coa Axenda 2030.
- Examinar os contidos principais do Código de conduta e a Carta do investigador/a.
- Deducir o impacto da estratexia na Universidade de Vigo.
- Clarificar as prácticas OTMR (Open, Transparent and Merit-based Recruitment) na contratación.
- Identificar os servizos da rede EURAXESS no tocante a catro eixes: oportunidades laborais, servizos personalizados, redes e bases de colaboración e soporte e implantación da estratexia C&C (Código de conduta e Carta do investigador/a) e H2020.
Programa
7 de maio
10.00-10.15 Presentación de obxectivos e benvida
María Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo
10.15-10.45 A estratexia HRS4R da Comisión Europea: a Carta do investigador/a e o Código de Conducta
Lorena Muñoz Vivas
Socia Directora de Effectia Consulting
10.45-11.15 Presentación do Plan de acción da Universidade de Vigo
Ana María Bernabeu Tello
Directora da Área de Investigación da Universidade de Vigo
11.15-12.15 O aliñamento da Estratexia HRS4R coa Axenda 2030
Xosé María Mahou Lago
Director da Área de Responsabilidade Social e Cooperación
12.15-12.45 Descanso
12.45-13.55 Presentación das ferramentas OTMR. Leccións aprendidas e boas prácticas internacionais
Marta Arregui García-Miguel
Vicexerencia de Investigación e Política Académica da Universidade Complutense de Madrid
14.00 Peche
8 de maio
10.00-10.30 A HRS4R no contexto das políticas de calidade da Universidade de Vigo
José Miguel Dorribo Rivera
Técnico da Área de Calidade da Universidade de Vigo
10.30-11.30 Presentación e exercicio práctico en base ao Researcher Development Framework Planner-Crag Vitae
Lorena Muñoz Vivas
Socia Directora de Effectia Consulting
11.30-12.15 O impacto da HRS4R nas universidades I: cambios de cultura
Lluis Rovira i Pato
Director de Centres de Recerca de Catalunya (CERCA)
12.15-12.45 Descanso
12.45-13.30 Impacto da HRS4R nas universidades II: Retos dos recursos humanos de I+D en Europa
Lluis Rovira i Pato
Director de Centres de Recerca de Catalunya (CERCA)
13.30-13.55 Avaliación e enquisa
Lorena Muñoz Vivas
Socia Directora de Effectia Consulting
14.00 Peche
Observacións
Pode consultar máis información do selo HR na Universidade de Vigo premendo aquí.
Profesorado
Diferentes relatores/as.