Curso de reciclaxe en lingua galega
Información do curso
Curso de reciclaxe en lingua galega
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00023 | ||||
Nome | Curso de reciclaxe en lingua galega |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 40 | ||||
Descrición | Curso destinado a persoas interesadas en repasar e actualizar os seus coñecementos lingüísticos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/02/2019 09:00 - 05/02/2019 09:00 |
---|---|
Período de docencia | 06/03/2019 - 12/04/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1.3 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria.
Obxectivos
1. Repasar a ortografía da lingua galega para mellorar o seu manexo.
2. Coñecer a distinta tipoloxía de documentos existente.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
As prazas xa están cubertas.
Calendario
É un curso virtual.
Programa
- Breve repaso pola historia da estandarización da lingua galega (4 horas)
- Breve historia da estandarización da lingua galega
- As modificacións na normativa de 2003
- A coherencia nas escollas normativas
- Actualización ortográfica (9 horas)
- A acentuación
- Casos dubidosos de <b> e <v>, <h>, <x>, <s>, <m>, <n> e <ñ>
- Casos dubidosos de unión e de separación de palabras
- Actualización morfosintáctica (9 horas)
- O artigo e o demostrativo
- O posesivo
- Os relativos, interrogativos e exclamativos
- Os numerais
- Casos dubidosos de xénero e de número
- O pronome persoal e a súa colocación
- Actualización léxica e terminolóxica (9 horas)
- Características do léxico formal
- Interferencias e calcos doutras linguas
- Tecnicismos e latinismos
- Vulgarismos. Eufemismos
- Locucións e fraseoloxía formal
- Redacción e estilo (9 horas)
- A linguaxe non-sexista
- A puntuación
- O xerundio, os anafóricos, o dativo pleonástico e o complemento directo de persoa
- Uso das maiúsculas e das minúsculas
- Outros elementos: os números e as abreviacións
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
É un curso virtual.
Observacións
O curso estará recoñecido con 1,3 créditos ECTS.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.
Data da proba final en liña: 24 de abril, de 17.00 a 17.45 h