Protección de datos (Campus de Vigo)
Información do curso
Protección de datos (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPD18VI | ||||
Nome | Protección de datos (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 2 | ||||
Descrición | Esta actividade formativa ten como finalidade asesorar ao profesorado na situación actual da protección de datos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso Protección de datos insírese dentro das actividades formativas institucionais para o persoal docente da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 15/11/2018 12:00 - 04/12/2018 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 12/12/2018 - 12/12/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 40 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
Se quedasen prazas vacantes podería participar persoas con outros perfís.
Obxectivos
- Actualizar a formación sobre protección de datos que posúe o profesorado.
- Familiarizarse co sistema de Protección de datos que ten a Universidade de Vigo.
- Xerar compromiso no desenvolvemento de accións que respeten a Protección de datos dentro da labor docente.
Calendario
Desenvolverase o 12 de decembro de 12 a 14 horas.
Programa
- Introdución á Protección de datos persoais. Antecedentes normativos internacionais, europeos e nacionais: intimidade vs. privacidade.
- Os dereitos da persoa ante o uso das novas tecnoloxías.
- Dereito á honra.
- Dereito á propia imaxe.
- Dereito á intimidade.
- Dereito á privacidade.
- Análise xurídica do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).
- Ámbito de aplicación e vixencia.
- Conceptos básicos.
- Os principios da Protección de datos.
- Dereitos dos interesados/as. En especial, o “dereito ao esquecemento” e o dereito á portabilidade de datos.
- O Privacy by design.
- Medidas de seguridade e obrigación de notificación do Data breach.
- Avaliación de impacto en protección de datos e consulta previa.
- Delegado de Protección de datos (DPO).
- Códigos de conduta e certificación.
- Transferencia internacional de datos: o novo Privacy shield.
- Autoridades de control: competencias e coordinación.
- Sancións, responsabilidade e recursos.
- Casos especiais e excepcións.
- Entrada en aplicación.
Impartido en
Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todo o curso.
Profesorado
Víctor Salgado Seguín
Pintos & Salgado Abogados
Bufete delegado de Protección de datos da Universidade de Vigo