Práctica do discurso oral en inglés en foros internacionais (Campus de Vigo)
Información do curso
Práctica do discurso oral en inglés en foros internacionais (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPRAI18VI | ||||
Nome | Práctica do discurso oral en inglés en foros internacionais (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 15 | ||||
Descrición | A finalidade é mellorar as habilidades comunicativas en inglés nos foros internacionais: congresos, cursos ou seminarios. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso de Práctica do discurso oral en inglés en foros internacionais insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 02/03/2018 12:00 - 31/05/2018 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 04/06/2018 - 15/06/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 7 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
Para acceder ao curso esixirase a acreditación do nivel B1+ do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Esta acreditación non pode ser anterior ao 2015. Terán preferencia aquelas persoas que xustifiquen que van asistir a un foro internacional no curso 2017/18 ou no vindeiro curso 2018/19 mediante presentación de copia da matrícula do congreso/curso/seminario ou aceptación do abstract por parte do Comité Organizador do evento. A documentación enviarase ao facer a preinscrición a innovacion.educativa@uvigo.es.
As persoas que non teñan a acreditación ou que esta estea caducada poderán presentarse á proba de nivel.
Obxectivos
- Xestionar as ferramentas necesarias que lle sirvan ás persoas participantes para mellorar a súa competencia comunicativa en foros científicos internacionais.
- Poñer en práctica técnicas dunha boa presentación en inglés en congresos, conferencias etc.
- Desenvolver habilidades comunicativas necesarias para participar en debates.
Criterios de selección
Ofertaranse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.
Calendario
Proba de nivel: 28 de maio ás 10 horas na aula Newton 13.
Días: 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 e 15 de xuño de 10.00 a 11.30 horas.
Programa
TEMA 1. Preparación da presentación |
|
TEMA 2. As tres fases da presentación: a introdución, o desenvolvemento dos razoamentos e a conclusión |
|
TEMA 3. Despois da presentación |
|
TEMA 4. Linguaxe específica para presentar unha investigación |
|
Impartido en
Campus de Vigo. Aula B9 do pavillón B da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Observacións
Acreditación da asistencia
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.
Profesorado
Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.