Curso de redacción de documentos administrativos
Información do curso
Curso de redacción de documentos administrativos
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00016 | ||||
Nome | Curso de redacción de documentos administrativos |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Revisión dos principais documentos administrativos que son de interese para a xestión universitaria e revisión da estrutura dos textos administrativos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 05/02/2018 09:00 - 23/02/2018 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 01/03/2018 - 23/03/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria.
Obxectivos
- Facer un repaso e unha actualización práctica da ortografía da lingua galega.
- Proporcionarlle ao alumnado unha guía rápida de redacción administrativa en lingua galega.
Condicións de acceso
Persoas con formación avanzada en lingua galega.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Calendario
É un curso virtual.
Programa
PROGRAMA DO CURSO
Módulo 1. Guía rápida para a redacción administrativa
1 Introdución
2 Erros máis frecuentes na redacción administrativa
3 Democratización da linguaxe
4 Organización da información
5 Claridade e precisión expositiva
6 Estruturación sintáctica
7 Corrección gramatical e léxica
8 Racionalización dos recursos tipográficos
9 Corrección de castelanismos máis frecuentes
Módulo 2. Modelos comentados de documentos administrativos I
1 Introdución
2 Estrutura dos documentos administrativos
2.1 A cabeceira
2.2 O corpo
2.3 O peche
3 Documentos de transmisión
3.1 Anuncio
3.2 Aviso
3.3 Carta
3.4 Circular
3.5 Convocatoria
3.6 Oficio
4 Documentos de xuízo
4.1 Informe
4.2 Memoria
Módulo 3. Modelos comentados de documentos administrativos II
1 Introdución
2 Documentos de decisión
2.1 Resolución
2.2 Acordo
2.3 Convenio
3 Documentos de constancia
3.1 Acta
3.2 Certificado
3.3 Dilixencia
Modo de pagamento
Gratuíto.
Impartido en
É un curso virtual.
Observacións
O curso estará recoñecido con 20 horas de traballo.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
Para obter o diploma correspondente, é obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales é necesario superar o 80 %.