Seminario Interreg: Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento
Información do curso
Seminario Interreg: Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento
Tipo | Seminario Interreg | ||||
Código | IR20170101 | ||||
Nome | Seminario Interreg: Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | A Universidade de Vigo, en colaboración coa Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) promove este seminario de tres horas de duración (gratuíto e de acceso libre) para dar a coñecer os resultados da publicación "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento", un estudo coordinado polo autor Carlos Beltrán (Ex responsable de Programas de Cooperación, MINHAFP). |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813440 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
No marco das novas políticas de aplicación dos fondos Interreg que se veñen promovendo dende a Comisión e o Comité das Rexións, a singularidade do investimento estrutural nas rexións europeas está cada vez en maior medida condicionado polas denominadas Estratexias RIS 3 de especialización intelixente.
Dos máis de 275 millóns de euros do FEDER destinados á CC.AA de Galicia, Norte de Portugal e outras rexións limítrofes do Eixo Atlántico transfronteirizo, preto de 30 millóns de euros (aproximadamente un 10% do total) poden xestionarse por asignación directa nas entidades municipais situadas na fronteira con Portugal, sempre e cando se opere en colaboración con clústeres empresariais, plataformas sectoriais e universidades suxeitas a Dereito Público.
No seu rol como axente dinamizador de inicitivas tractoras neste territorio singular, que é o que abrangue o Eixo Atlántico, a Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) ten promovido a elaboración e a coordinación dun informe para a valoración dos resultados dos programas europeos financiados con cargo ao FEDER, que leva por título: "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento".
Esta publicación quere clarificar as claves para unha boa xestión do investimento estrutural en bens de equipo e infraestruturas, á vez que identifica novas tendencias de futuro para o depósito de propostas comúns en materia de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal.
Entidades organizadoras
Comisionado para o desenvolvemento de plans estratéxicos (Vicerreitoría de Economía e Planificación - Universidade de Vigo).
Secretariado da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 13/09/2017 09:00 - 29/09/2017 12:00 |
---|---|
Período de docencia | 05/10/2017 - 05/10/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
- Xestores/a de proxectos activos en materia de cooperación transfronteiriza (fondos FEDER, FSE, FC)
- Directores/as de unidades e equipos de investigación con proxectos de cooperación transfronteiriza actualmente activos
- Xestores/as de proxectos de innovación dotados con fondos estruturais para o investimento en infraestrutura material e bens de equipo
- Investigadores/as interesados nas tendencias para a concesión de fondos Interreg no marco dos distintos programas operativos europeos
Obxectivos
- Presentar a publicación editada en colaboración coa RIET: "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento"
- Dar a coñecer os resultados na execución dos fondos Interreg para programación de investimento europeo de carácter transfronteirizo (2003-2014)
- Debater sobre as tendencias a seguir para a consecución de propostas de axudas con cargo a financiamento europeo de tipo Interreg, e nas súas distintas modalidades.
Criterios de selección
A selección realizarase segundo a orde de rexistro e o aforo dispoñible (limitado a un total de 30 inscritos).
Calendario
Xornada única de tres horas de duración.
Data: 5 de outubro de 2017
Horario: 10:00 a 13:00 h
Programa
PARTE PRIMEIRA.-
Presentación dos resultados da publicación: "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento", a cargo do coordinador do estudo, Carlos Beltrán:
- Fundamentos e evolución da cooperación transfronteiriza
- O contexto socioeconómico entre España e Portugal
- A cooperación transfronteiriza no marco dos programas de financiamento das políticas de cohesión da UE
- Os resultados dos programas de finaciamento estrutural (2000-2013)
- O Tratado de Valencia
- Gobernanza e cooperación transfronteiriza.
PARTE SEGUNDA.-
Turno de preguntas para a iniciación do debate, Luis Domínguez e Xavier M. Cobas:
- Recomendacións
- Plan de accións futuras
- Conclusións.
Modo de pagamento
Seminario gratuíto.
Impartido en
Sala IV do Edificio Miralles. Campus Lagoas Marcosende
Profesorado
Carlos Beltrán (Coordinador da pubicación). MINHAFP.
Luis Domínguez. Cátedra Jean Monnet. Universidade de Vigo.
Xavier M. Cobas. Comisionado de plans estratéxicos na Vicerreitoría de Economía e Planificación da Universidade de Vigo.