Galego: actualízate
Información do curso
Galego: actualízate
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00038 | ||||
Nome | Galego: actualízate |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 40 | ||||
Descrición | Curso destinado a persoas que desexen mellorar os coñecementos lingüísticos ou repasar cuestións que adoitan resultar máis problemáticas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/09/2017 09:00 - 22/09/2017 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 02/11/2017 - 01/12/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria e público en xeral.
Obxectivos
- Achegármonos aos conceptos de estándar da lingua galega e do conxunto de linguas do mundo.
- Acadar coñecementos e criterios de elaboración do estándar da lingua galega e da súa normativa oficial.
- Coñecer os aspectos ortográficos necesarios para escribir correctamente en galego e adquirir os recursos precisos para corrixir os empregos incorrectos.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de chegada da documentación.
Calendario
É un curso virtual.
Programa
PROGRAMA DO CURSO
Tema 0. Itinerario inicial
1 Que é un estándar?
2 O estándar do galego
3 As linguas do mundo
4 As linguas de Europa
Tema 1. O artigo
1.1 Que debemos saber do artigo
1.2 Sabes como se utiliza a segunda forma do artigo?
1.3 Con que contrae o artigo?
1.4 Que cambiou no 2003?
1.5 Os erros máis frecuentes
Tema 2. Os demostrativos
2.1 Cales son as formas do demostrativo
2.2 Como funciona o demostrativo
2.3 Con que contrae o demostrativo
2.4 Que cambiou?
2.5 Os erros máis frecuentes
Tema 3. Os numerais
3.1 Os numerais cardinais
3.2 Os numerais multiplicativos
3.3 Os numerais partitivos
3.4 Os numerais ordinais
Tema 4. Outros determinantes
4.1 Erros máis frecuentes
4.2 Todo/a, todos/as
4.3 Ambos/as
4.4 Calquera
4.5 Algún(s), algunha(s), algo, alguén
4.6 Mesmo, mesma, mesmos, mesmas
Tema 5. Que, quen, canto e outros pronomes
5.1 Que, quen, canto e outros
5.2 Que precisamos saber?
5.3 Que cambiou no 2003?
5.4 Con ou sen interrogación?
Tema 6. As terminacións das palabras I
6.1 -cia, -cio, -za, -zo
6.2 -ble/-bel
6.3 -eo, -eu
6.4 -ao, -au
6.5 -us, -um, -o
Tema 7. As terminacións das palabras II
7.1 -aría/-ería
7.2 -tade, -dade
7.3 Masc. -án/Fem. -á
7.4 Masc. -ón/Fem. -oa
Tema 8. Palabras de ortografía dubidosa
8.1 Ortografía B/V
8.2 Escríbense con B
8.3 Escríbense con V
8.4 Outras palabras de grafía dubidosa
Tema 9. CT, CC e outros encontros de consoantes
9.1 Grupo -CT- e -CC-
9.2 Outros grupos cultos
Tema 10. Adverbios, preposicións e conxuncións
10.1 Adverbios
10.2 Preposicións e locucións
10.3 Conxuncións
10.4 Resumo das modificacións
Tema 11. Como acentuar
11.1 Regras xerais
11.2 Casos especiais
Tema 12. O verbo
12.1 Erros nos verbos regulares
12.2 Erros nos paradigmas irregulares
12.3 Erros nos tempos
12.4 Perífrases verbais
12.5 Houbo algunha modificación?
Tema 13. O pronome persoal
13.1 O pronome persoal tónico
13.2 Formas rectas
13.3 Formas oblicuas
13.4 O pronome persoal átono
13.5 Complemento directo
13.6 Complemento indirecto
13.7 A confusión dativo-acusativo
13.8 A colocación do pronome átono
13.9 O pronome reflexivo
Tema 14. Itinerario final
14.1 Os cambios
14.2 Mudanzas obrigatorias
14.3 Mudanzas opcionais
Modo de pagamento
Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral.
Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria acreditarán a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo da matrícula do curso 2017/2018 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).
As persoas que non pertenzan á Universidade terán que pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en Abanca, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:
- Concepto: código do curso (ANL00038)
- Importe: 40 euros
As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.
No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.
Impartido en
É un curso virtual.
Observacións
O curso estará recoñecido con 40 horas de traballo.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais do sistema de avaliación establecido.