Curso de redacción de documentos administrativos
Información do curso
Curso de redacción de documentos administrativos
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00016 | ||||
Nome | Curso de redacción de documentos administrativos |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Revisión dos principais documentos administrativos que son de interese para a xestión universitaria e revisión da estrutura dos textos administrativos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/09/2017 09:00 - 22/09/2017 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 02/10/2017 - 27/10/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria e público en xeral.
Obxectivos
- Facer un repaso e unha actualización práctica da ortografía da lingua galega.
- Proporcionarlle ao alumnado unha guía rápida de redacción administrativa en lingua galega.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de chegada da documentación.
Calendario
É un curso virtual.
Programa
PROGRAMA DO CURSO
Módulo 1. Guía rápida para a redacción administrativa
1 Introdución
2 Erros máis frecuentes na redacción administrativa
3 Democratización da linguaxe
4 Organización da información
5 Claridade e precisión expositiva
6 Estruturación sintáctica
7 Corrección gramatical e léxica
8 Racionalización dos recursos tipográficos
9 Corrección de castelanismos máis frecuentes
Módulo 2. Modelos comentados de documentos administrativos I
1 Introdución
2 Estrutura dos documentos administrativos
2.1 A cabeceira
2.2 O corpo
2.3 O peche
3 Documentos de transmisión
3.1 Anuncio
3.2 Aviso
3.3 Carta
3.4 Circular
3.5 Convocatoria
3.6 Oficio
4 Documentos de xuízo
4.1 Informe
4.2 Memoria
Módulo 3. Modelos comentados de documentos administrativos II
1 Introdución
2 Documentos de decisión
2.1 Resolución
2.2 Acordo
2.3 Convenio
3 Documentos de constancia
3.1 Acta
3.2 Certificado
3.3 Dilixencia
Modo de pagamento
Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral.
Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria acreditarán a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo da matrícula do curso 2017/2018 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).
As persoas que non pertenzan á Universidade terán que pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en Abanca, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:
- Concepto: código do curso (ANL00016)
- Importe: 40 euros
As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.
No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.
Impartido en
É un curso virtual.
Observacións
O curso estará recoñecido con 20 horas de traballo.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
Para obter o diploma correspondente, é obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales é necesario superar o 80 %.