Experiencias colaborativas para o desenvolvemento de contidos software educativos no ámbito das Redes Temáticas Europeas (Campus de Pontevedra)

Información do curso

Experiencias colaborativas para o desenvolvemento de contidos software educativos no ámbito das Redes Temáticas Europeas (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP0703
Nome Experiencias colaborativas para o desenvolvemento de contidos software educativos no ámbito das Redes Temáticas Europeas (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 2
Descrición Curso dirixido a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo que se insire dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2007.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Experiencias colaborativas para o desenvolvemento de contidos software educativos no ámbito das Redes Temáticas Europeas sitúase dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2007, organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa e a súa Área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/01/2007 08:00 - 27/02/2007 23:45
Período de docencia 28/02/2007 - 28/02/2007

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Destinatarios/as

Este curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

1) Transmitir aos destinatarios a posibilidade de participar en Redes Temáticas a nivel europeo.

2) Proporcionar ao profesorado unha visión da experiencia do relator tras a súa participación en diversas redes temáticas a nivel europeo: INEIT-MUCOM (1996-2000), THEIERE (2000-20005) e EIE-SURVEYOR (2005-2008).

3) Describir as actividades realizadas nas redes INEIT-MUCOM e THEIERE para, en colaboración con alumnos da ETSET de Vigo, a xeración de recursos educativos, para complementar a docencia, entre os que se inclúen contidos multimedia, animacións e simuladores pedagóxicos.

Criterios de selección

Ofértanse 50 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

Mércores, 28 de febreiro, de 11 a 13 horas.

Programa

1) Redes Temáticas a nivel europeo

a. Obxectivos

b. Participantes

c. Financiamento

2) Participación da Universidade de Vigo e do relator nas redes temáticas: INEIT-MUCOM (1996-2000), THEIERE (2000-20005) e EIE-SURVEYOR (2005-2008):

a. Tarefas

b. Grupos de Traballo

c. Financiamento

d. Resultados

3) Xeración de recursos educativos, para complementar a docencia, en colaboración con alumnado da ETSET de Vigo:

a. Planificación das Actividades

Impartido en

Campus de Pontevedra. Casa das Campás

Profesorado

Juan Carlos Burguillo Rial

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos