Obradoiro de formación para o desenvolvemento "Achégate ao Sur"

Información do curso

Obradoiro de formación para o desenvolvemento "Achégate ao Sur"


Tipo Taller
Código Inf.2015.01
Nome Obradoiro de formación para o desenvolvemento "Achégate ao Sur"
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

Obradoiro dirixido a todas aquelas persoas interesadas en achegarse á análise das causas da pobreza; desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; coñecer as propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural; adquirir unha visión crítica da nosa realidade social e realizar prácticas solidarias.

O obradoiro "Achégate ao Sur" busca a participación activa das persoas que o realicen e preténdese que incorporen as súas expectativas e experiencias previas para que a aprendizaxe adquirida posibilite un proceso de crecemento persoal e social.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986224990
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria xunto coa campaña Impórtanos! (www.importanos.org), do Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 21/09/2015 10:30 - 29/10/2015 15:30
Período de docencia 29/10/2015 - 26/11/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Alumnado da Universidade de Vigo

Poboación xeral

Obxectivos

OBXECTIVO XERAL

Fomentar a comprensión e o exercicio dunha cidadanía global comprometida coa xustiza e a solidariedade na sociedade civil.

OBXECTIVO ESPECÍFICO

Ofrecer novos espazos de reflexión, intercambio e coñecemento das desigualdades Norte-Sur que favorezan a participación en propostas que promovan o encontro intercultural, a igualdade e a transformación social

Calendario

5 sesións, os xoves, dende o 26 de outubro ao 29 de novembro de 2015, en horario de 16:00 a 20:00 h.

Programa

29 de outubro. PRIMEIRA SESIÓN: Desde onde miramos a realidade (Tempo de Loaira, S. Coop. Galega)

  1. Presentar o obradoiro Achégate ao Sur.
  2. Introducir os contidos do obradoiro a través da reflexión sobre as relacións Norte-Sur, a pobreza no mundo e a interculturalidade.

        Análise de desigualdades Norte – Sur 

  1. O mundo patas arriba, cal  é a novidade?
  2. Os rostros da desigualdade
  3. Signos de esperanza

5 de novembro. SEGUNDA SESIÓN: Teorías de Desenvolvemento e políticas de Cooperación Internacional (José Medina Mateos, UAM)

  1. Orixes e evolución do concepto de desenvolvemento
  2. Enfoque sociolóxico: teorías do desenvolvemento e da axuda
  3. Tendencias da cooperación ao desenvolvemento

12 de novembro. TERCEIRA SESIÓN: Xénero e Desenvolvemento (Paz Caínzos)

  1. Sistema Sexo-Xénero
  2. Identidade de xénero
  3. Situación das Mulleres no Mundo e Desenvolvemento Humano

19 de novembro. CUARTA SESIÓN: Axenda post2015 e ODS (Marcos Ulloa, Universidade de Vigo)

  1. A sostibilidade ambiental e os ODS
  1. A transversalización dos Dereitos Humanos nos ODS
  2. A coherencia de políticas

26 de novembro. QUINTA SESIÓN: Cidadanía, Participación e Estilos de vida (Xosé Cuns, EAPN Galicia)

  1. O concepto de solidariedade, hoxe.
  2. Cidadanía e participación social
  3. E nós, que podemos facer?
 

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta

Impartido en

Centro Local de Emprego e das Ocupacións, rúa Oporto nº 1 (sala de reunións, 2º andar)

Observacións

20 horas computables para créditos ECTS

Titulación

Todas as titulacións

 

Profesorado

1. Laura Doval e Aida (Tempo de Loaira, S. Coop. Galega)

2. José Medina Mateos (UAM e Alianza Española contra a Pobreza)

3. Paz Caínzos

4. Marcos Ulloa (Universidade de Vigo)

5. Xosé Cuns (EAPN Galicia)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos