III Xornada Universitaria Galega en Xénero. Trazos de xénero no século XXI

Información do curso

III Xornada Universitaria Galega en Xénero. Trazos de xénero no século XXI


Tipo Evento
Código IGUAPO15
Nome III Xornada Universitaria Galega en Xénero. Trazos de xénero no século XXI
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Presencial
Descrición

Xornada organizada polas 3 universidades galegas co obxectivo de crear un punto de encontro entre todo o persoal docente e investigador en xénero.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

As oficinas/unidade de igualdade das tres universidades galegas organizamos a III Xornada Universitaria Galega en Xénero que terá lugar o día 5 de xuño no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Este ano a Xornada achégase, dende unha perspectiva crítica e multidisciplinar, aos retos que se formulan nos estudos de xénero e nos feminismos do século XXI. Así, a III Xornada Universitaria Galega en Xénero abordará tres áreas temáticas:

Xénero e desenvolvemento sostible. Coordina: Unidade de Igualdade da Uvigo

Corpos e corporalidades en crise. Coordina: Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC

Violencia de xénero: persistencia e novas formas. Coordina: Oficina de Igualdade de Xénero da USC

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña

Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 100

Destinatarios/as

Todo o persoal docente e investigador pertencente ao sistema universitario galego.

Hai dúas formas de participación na III XUGeX.Trazos de xénero no século XXI:

1. Como asistente, para o que só hai que matricularse na Xornada a través desta aplicación informática.

2. Como participante, presentando unha comunicación-poster para o que ademais de matricularse, haberá que enviar a proposta de comunicación segundo o indicado.

Obxectivos

Crear un punto de encontro e intercambio para aproveitar as sinerxías do persoal docente e investigador do Sistema Universitario Galego.


Visibilizar as investigacións relacionadas coas temáticas da Xornada.


Promover a creación de redes de investigación interuniversitarias e multidisciplinares con perspectiva de xénero.

Condicións de acceso

As propostas de comunicación, relacionadas coas temáticas da Xornada, deberán empregar unha linguaxe inclusiva e serán sometidas á avaliación dun comité científico.

Os idiomas da Xornada serán o galego e o castelán. O libro de actas será publicado co seu correspondente ISBN.

A presentación de propostas será a través do envío da comunicación completa aos seguintes enderezos electrónicos, segundo a área temática analizada.

Comunicacións da área temática Xénero e desenvolvemento sostible: igualdade@uvigo.es

Comunicacións da área temática Corpos e corporalidades en crise: oficina.igualdade@udc.es

Comunicacións da área temática Violencia de xénero: persistencia e novas formas oix@usc.es

A proposta de comunicación debe ser presentada no formato proposto pola organización e non poderá superar as 6 páxinas.

Formato comunicación galego

Formato comunicación castelán

Calendario

O prazo para matricularse na Xornada como asistente rematará o 1 de xuño.

O prazo para presentar comunicacións rematará o 6 de maio.

Antes do día 26 de maio será comunicada ás autoras ou autores a aceptación ou non da súa comunicación-pòster.

 

Programa

9.30-10.00 h Rexistro de asistentes

10.00-10.30 h Inauguración da xornada

10.30-11.30 Conferencia inaugural

O camiño da igualdade de xénero no proceso internacional do cambio climático

Verania Chao Rebolledo, especialista en medio ambiente e cambio climático do Programa das Naciones Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). Grupo en Xénero

11.30-12.00 h Pausa café

12.00-13.30 h  Mesa redonda: Xénero e desenvolvemento sostible

Moderadora: Azucena Arias Correa, Universidade de Vigo

-        María Álvarez Lires, Universidade de Vigo

-        María Xosé Rodríguez Galdo, Universidade de Santiago de Compostela

-        María Concepción Carreiro Otero, Universidade da Coruña

13.30-14.45 h Xantar

14.45-15.30 Sesión póster

15.30-17.00 h Mesa redonda: Corpos e corporalidades en crise

Moderadora: Cristina López Villar, Universidade da Coruña

-        Reene de Palma, Universidade da Coruña

-        Carmen Senra Rivera, Universidade de Santiago de Compostela

-        Carlos Tejo Veloso, Universidade de Vigo

 

17.00- 17.30 Pausa café

17.30-19.00 Mesa redonda. Violencia de xénero: persistencia e novas formas.

Moderadora: Lourdes Mella Méndez, Universidade de Santiago de Compostela

-        Jorge García Marín, Universidade de Santiago de Compostela

-        Nereida María Canosa Domínguez, Universidade da Coruña

-        Águeda Gómez Suárez, Universidade de Vigo

19.00-19.15 h Conclusións da xornada

19.15-19.45 h. Entrega de diplomas acreditativos

 

Modo de pagamento

A Xornada será gratuíta.

A eficiencia no gasto público é responsabilidade de todas as persoas. Por iso, pedímoslle que antes de inscribirse na Xornada valore se realmente pode asistir e se, unha vez feita a inscrición lle resultase imposible, comunique á organización a súa ausencia. Isto evitará desbotar recursos contando co número de asistentes máis aproximado á realidade.

Impartido en

Salón de actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Observacións

Tanto a asistencia como a presentación de traballos recibirán recoñecemento mediante a correspondente acreditación polas 3 universidades do sistema universitario galego.

Durante a Xornada premiaranse os mellores pósteres presentados, atendendo á estrutura formal e o deseño. Outorgaranse un 1º premio e un accésit. A proclamación das persoas premiadas realizarase ao finalizar a xornada. O xurado estará composto polas coordinadoras de cada mesa e polas directoras das unidade/oficinas para a igualdade de xénero das tres universidades.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos