Vinte e tres claves para impartir un MOOC e divertirse - CAMPUS DE VIGO

Información do curso

Vinte e tres claves para impartir un MOOC e divertirse - CAMPUS DE VIGO


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP2014VIMOOC2
Nome Vinte e tres claves para impartir un MOOC e divertirse - CAMPUS DE VIGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 14
Descrición

Nesta acción formativa  proporcionaranse algunhas claves para montar un MOOC dende un punto de vista práctico. Conectando co concepto de recursos educacionais abertos, daranse diversos consellos, mostraranse recursos sinxelos existentes e clarificaranse as habilidades imprescindibles para impartir un MOOC de forma eficiente; que teña éxito entre o alumnado e que reporte en beneficio na persoa que imparte a docencia.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso  de vinte e tres claves para impartir un MOOC e divertirse insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2014. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Os MOOC permiten ao profesorado a expandir o seu coñecemento: por unha banda, poden montar un curso de calquera tema, sen limitarse á área clásica do seu coñecemento. Por outra banda, ábrense ao mundo: só o interese, relevancia e atractivo do curso (e a súa promoción) levarán consigo máis ou menos aceptación. Dalgunha forma pódese dicir que o profesorado, ata agora emprendedor da investigación, pasa tamén a ser emprendedor en temas de docencia. Máis aínda se se utiliza a web 2.0.

Este novo formato permite novas oportunidades en todos os campos académicos e profesionais. Os MOOC, ao igual que todo e-learning, é máis doado para as persoas que están habituadas a moverse pola rede. Estudantado que xa teñen bastante coñecemento e que queren amplialo, persoas que buscan novos horizontes, e sobre todo, alumnado que sexan capaces de concentrarse unhas horas no curso.

Por  outra banda, este formato tamén ten un papel moi importante na singularización e na internacionalización das universidades. Non é desdeñable a labor que poden xogar os MOOC á hora de captación de alumnado, sobre todo a nivel de posgrao.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 14/07/2014 12:00 - 04/09/2014 23:59
Período de docencia 08/09/2014 - 09/09/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Coñecer as ferramentas prácticas para montar eficientemente un curso MOOC.

Calendario

Días: 8 e 9 de setembro.
Horario: de 10 a 14 e de 16 a 19 horas.

Programa

  1. Falemos do MOOC

  2. Formulemos o MOOC

  3. Gravemos os vídeos

  4. Xeremos ligazóns a recursos con fluxo de aprendizaxe

  5. Deseñemos a avaliación

  6. Fomentemos a colaboración do alumnado

  7. Publicitemos o MOOC

  8. Avaliemos o curso

Impartido en

Campus de Vigo. Aula T101 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a cinco sesións presenciais completas  das seis sesións  que ten o curso.

Profesorado

Miquel Durán Portas
Catedrático de Química  Física da Universitat de Girona

Silvia Simón Rabasseda
Profesora titular de Química Física da Universitat de Girona

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos