Habilidades oratorias para a docencia (Campus de Vigo)

Información do curso

Habilidades oratorias para a docencia (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP6803
Nome Habilidades oratorias para a docencia (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

Trátase dun curso eminentemente práctico para profesores e profesoras que necesitan dirixirse a un público e polo tanto  desexan gañar confianza e mellorar a súa expresión vocal e corporal sacando o máximo desenvolvemento ás súas exposicións.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de "Habilidades oratorias para a docencia" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. As devanditas accións formativas están organizadas pola vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade, a través da área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/06/2011 17:00 - 08/09/2011 23:59
Período de docencia 12/09/2011 - 23/09/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Detectar e superar  as dificultades e inseguridades que se presentan ao falar  en público favorecendo unha comunicación eficaz.
  • Toma de conciencia dos hébitos posturais e exploración das posibilidades expresivas do corpo.
  • Adestramento da voz. Técnicas de emisión e proxección vocal. Traballo de artellamento e dicción textual.
  • Análise e manexo do espazo de acción.
  • Saber amosar  seguridade, convicción e credibilidade ante o grupo de persoas aos que nos diriximos. Construír un discurso con eficacia.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

12, 13, 14, 15 e 23 de setembro de 16:00 a 20:00

Programa

  1. A presenza e o corpo no espazo.
  2. A linguaxe corporal.
  3. A voz e o xesto.
  4. Xogos dramáticos e de improvisación
  5. A comunicación co público. A creación do discurso.

Impartido en

Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Campus de Vigo

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a oito sesións completas das dez que ten o curso. (Cada sesión equivale a dúas horas).

Profesorado

ALFONSO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos