Curso de alemán para alumnos do Conservatorio e outros interesados 10/11

Información do curso

AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.

Curso de alemán para alumnos do Conservatorio e outros interesados 10/11


Tipo Curso de idiomas
Código 933
Nome Curso de alemán para alumnos do Conservatorio e outros interesados 10/11
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 40
Descrición

Curso de alemán de nivel A1.1 do MCER para alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo e outros interesados.

Información de contacto:  
 · Teléfono +34 986 81 22 50
 · Fax +34 986 81 86 49
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Curso de iniciación á lingua alemana no que se traballarán as catro destrezas (comprensión y expresión oral e escrita), facendo especial énfase na comprensión e expresión oral (falar, conversar e escoitar).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 14/03/2011 08:30 - 17/03/2011 14:30
Período de docencia 21/03/2011 - 13/06/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo e, en xeral, persoas maiores de 16 anos interesadas en iniciarse en lingua alemana.

Calendario

HORARIO

MARTES e VENRES de 13.00 a 15.00

DÍAS LECTIVOS

  • Marzo: 22, 25, 29
  • Abril: 1, 5, 8, 12, 15, 26, 29
  • Maio: 3, 6, 10, 13, 20, 24, 27, 31
  • Xuño: 3, 7

Programa

Nivel A1.1:

-Guten Tag. Mein Name ist…. Saúdos e presentacións: dar datos persoais (nacionalidade, idade, lugar de residencia, dirección, número de teléfono, dirección do correo electrónico, idiomas, estado civil).

-Familie und Freunde. A familia e os amigos: presentar á familia e ós amigos

-Essen und Trinken. Comidas e bebidas: identificar alimentos, expresar cantidades (pesos e medidas), preguntar e informar dos precios, comprar nun supermercado, expresar gustos e preferencias, comprender recetas sinxelas.

-Meine Wohnung. A vivenda: describir a vivenda (tipos, habitacións, mobles, as cores), comprender anuncios de alquiler de vivendas.

-Mein Tag. A vida diaria: falar das actividades cotiás entre semana e dos fins de semana, quedar con outras persoas, informar da hora, expresións temporais.

-Freizeit. Tempo libre: falar sobre as actividades de lecer, preferencias persoais, o tempo atmosférico, establecer hipóteses.

-Lernen-ein Leben lang. Falar do que pasou onte e nos últimos días, falar de planes e intencións, falar das nosas capacidades, facer propostas.

Modo de pagamento

120 euros para os membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo e do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

160 euros para o público xeral

Impartido en

Conservatorio Superior de Música de Vigo. (Rúa Manuel Olivié, 23)

Observacións

Pasos para matricularse nos cursos do Centro de Linguas:

1. Darse de alta como usuario en https://bubela.uvigo.es . Se xa es usuario, só é necesario facer click en "Matricular".


2. Matricularse online no curso, seguindo os pasos que se indican.


3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso no que se matricula. O número de conta é 0049 6141 98 2510007984 .


4. Facer chegar ao Centro de Linguas a seguinte documentación:

  • Folla de matrícula (pódese descargar aquí).
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de ingreso bancario.
  • No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria ou do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Pódese enviar por fax ao 986 818649, escaneada ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es ou ben entregala en persoa na oficina do Centro de Linguas na Facultade de Filoloxía e Tradución (no Pavillón Central).


5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de preinscrición e matrícula recomendamos poñerse en contacto co Centro de Linguas.

As prazas asignaranse por estricta orde de matrícula (momento en que se faga chegar a documentación ao Centro de Linguas).

Devolución de taxas (descargar impreso aquí

Para a devolución de taxas séguense os seguintes criterios:

1-    Cancelación do curso no que o/a estudante se matriculou

2-    Limitación de prazas

3-    Incompatibilidade por causa sobrevida que se xustificará e se presentará por rexistro xeral nos dez días seguintes ao comezo do curso, comunicándoo nesta mesma data ao Centro de Linguas.

Titulación

Os alumnos recibirán un diploma de asistencia no que figure o número total de horas e créditos do curso. Para acadar este diploma hai que asistir a un 85% das clases como mínimo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos