Curso de inglés para alumnos do Conservatorio e outros interesados 10/11

Información del curso

AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.

Curso de inglés para alumnos do Conservatorio e outros interesados 10/11


Tipo Curso de idiomas
Código 932
Nombre Curso de inglés para alumnos do Conservatorio e outros interesados 10/11
  Recuerde que para acceder o matricularse en los cursos debe entrar en el sistema por el menú de Acceso (a la izquierda de la ventana). Si todavía no está registrado pulse aquí.
Modalidad Presencial
Horas 40
Descripción

Curso de inglés de nivel B1.1 do MCER para alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo e outros interesados.

Información de contacto:  
 · Teléfono +34 986 81 22 50
 · Fax +34 986 81 86 49
 · Correo electrónico
Compartir:

Descripción

O obxectivo final do curso é que o alumno saiba defenderse na mayoría das situacións comunicativas cotiás. O curso consistirá en clases prácticas onde se integren a comprensión e expresión orais, a comprensión e expresión escritas, a gramática e o léxico nunha variedade de ejercicios e tarefas que simularán situacións comunicativas dos ámbitos cotián e profesional. A práctica gramatical complementarase coas explicacións teóricas necesarias.

Información sobre el calendario (fechas)

Período de matrícula 14/03/2011 08:30 - 17/03/2011 14:30
Período de docencia 21/03/2011 - 10/06/2011

Plazas y créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo e, en xeral, persoas maiores de 16 anos con coñecementos elementais da lingua inglesa, interesadas en acadar o nivel B1 do MCER.

Condiciones de acceso

Os alumnos deberán posuír un nivel elemental (A2) de inglés, por exemplo:

  • Básico 2 ou Intermedio 1 da EOI (2º curso do plano vello) 
  • Curso de grao 6 do Trinity College
  • Curso PET de Cambridge University
  • Puntuación de 3.0 no exame do IELTS (International English Language Testing System)
  • Puntuación de 225 no exame do TOEIC (Test of English for International Communication)

Calendario

HORARIO

LUNS de 19.00 a 21.00 horas e MÉRCORES de 13.00 a 15.00

DÍAS LECTIVOS

  • Marzo: 21, 23, 30
  • Abril: 4, 6, 11, 13, 27
  • Maio: 2, 4, 9, 11, 18, 23, 25, 30
  • Xuño: 1, 6, 8, 13

 

Programa

Nivel B1 (intermedio baixo)

Comprensión oral (Listening)         

O alumnado:

- pode comprender a información nunha entrevista sinxela

- pode seguir o argumento e a opinión dun falante na descrición dunha película.

- pode entender información básica nunha conversa curta.

- pode comprender conversas sinxelas e de forma natural en espazos públicos, por exemplo, unha tenda.

- pode comprender opinións sinxelas sobre cuestións controvertidas.

- pode comprender chistes sinxelos de contextos coñecidos.

 Comprensión lectora (Reading)     

O alumnado:

- pode comprender a finalidade dunha páxina web.

- pode atopar información sobre un programa nunha guía de televisión.

- pode aplicar la información dun articulo sinxelo para os seus intereses.

- pode entender un pasatempo dunha revista.

- pode entender textos relativamente complexos en información sobre cuestións sinxelas

- pode entender unha carta sinxela dirixida á súa persoa por compañía (de teléfonos, por exemplo).

- pode entender extractos curtos e sinxelos de novelas.

- pode entender as ideas básicas dunha información exposta nun taboleiro.

 Interacción e producción falada (Speaking)    

O alumnado:

- pode facer plans cun amigo/a.

- pode contribuír a unha discusión sinxela.

- pode facer preguntas de maneira educada.

- pode intercambiar opinións cun amigo/a.

- pode responder a preguntas sinxelas nunha entrevista de traballo.

- pode preguntar e responder sobre accións no pasado.

- pode facer comentarios sobre características culturais en xeral.

- pode falar sobre plans futuros.

- pode facer descricións de se mesmo cando era mais novo.

- pode describir o aspecto físico dunha persoa.

- pode facer predicción sobre o futuro.

- pode facer xeralizacións sobre costumes.

- pode dicir o que faría nunha situación hipotética.

Expresión Escrita (Writing)            

O alumnado:

- pode escribir unha carta informal a un amigo/a.

- pode escribir notas de agradecemento.

- pode escribir un perfil persoal.

- pode escribir unha historia simple a partires de algunha información dispersa.

- pode escribir un articulo curto a partires de información visual.

- pode escribir sobre unha viaxe que realizara no pasado.

- pode escribir unha carta sinxela e formal pedindo mais información.

Modo de pago

120 euros para os membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo e do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

160 euros para o público xeral

Impartido en

Conservatorio Superior de Música de Vigo. (Rúa Manuel Olivié, 23)

Observaciones

Pasos para matricularse nos cursos do Centro de Linguas:

1. Darse de alta como usuario en https://bubela.uvigo.es . Se xa es usuario, só é necesario facer click en "Matricular".


2. Matricularse online no curso, seguindo os pasos que se indican.


3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso no que se matricula. O número de conta é 0049 6141 98 2510007984 .


4. Facer chegar ao Centro de Linguas a seguinte documentación:

  • Folla de matrícula (pódese descargar aquí).
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de ingreso bancario.
  • No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria ou do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Pódese enviar por fax ao 986 818649, escaneada ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es ou ben entregala en persoa na oficina do Centro de Linguas na Facultade de Filoloxía e Tradución (no Pavillón Central).


5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de preinscrición e matrícula recomendamos poñerse en contacto co Centro de Linguas.

As prazas asignaranse por estricta orde de matrícula (momento en que se faga chegar a documentación ao Centro de Linguas).

Devolución de taxas (descargar impreso aquí

Para a devolución de taxas séguense os seguintes criterios:

1-    Cancelación do curso no que o/a estudante se matriculou

2-    Limitación de prazas

3-    Incompatibilidade por causa sobrevida que se xustificará e se presentará por rexistro xeral nos dez días seguintes ao comezo do curso, comunicándoo nesta mesma data ao Centro de Linguas.

Titulación

Os alumnos recibirán un diploma de asistencia no que figure o número total de horas e créditos do curso. Para acadar este diploma hai que asistir a un 85% das clases como mínimo.

Cualquier duda acerca de los detalles de un curso debe dirigirla a la dirección de dicho curso. Por favor, consulte el apartado Información de contacto del curso.

Dirección electrónica (únicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos