A creación de contidos didácticos para a docencia online (Campus de Ourense)

Información do curso

A creación de contidos didácticos para a docencia online (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP0911
Nome A creación de contidos didácticos para a docencia online (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 22
Descrición

O curso está destinado a dar a formación ao profesorado da Universidade de Vigo para que adquiran coñecementos na elaboración e adaptación de contidos para a docencia virtual, tanto exclusivamente virtual, semipresencial ou como complemento a súa docencia presencial.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso “A creación de contidos didácticos para a docencia online” insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 24/02/2011 17:00 - 19/04/2011 23:59
Período de docencia 25/04/2011 - 18/05/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo con coñecementos elementais de informática.

Obxectivos

A finalidade do curso é proporcionar ao profesorado un método sistemático na elaboración e adaptación de contidos para a docencia online.

  •   Coñecer as características e posibilidades do ensino virtual.
  •   Adquirir os coñecementos necesarios para deseñar e estruturar os contidos dunha materia virtual.
  •   Coñecer as características máis relevantes para un bo material escrito para a docencia virtual.
  •   Achegar ideas e solucións para activar a implicación do alumnado no curso.
  •   Definir os novos roles e funcións docentes que debe exercer o profesorado nos contornos virtuais de aprendizaxe.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

Trátase dun curso semipresencial, cunha duración aproximada de dezaseis horas para a parte virtual e tres sesións presenciais de dúas horas cada unha.

Bloque 1. Taller presencial:

Impartirase o día 25 de abril de 18:00-20:00 horas.

Bloque 2. Taller virtual:

Do 26 de abril ó 15 de maio a través da plataforma Moodle.

Bloque 3. Taller presencial:

Impartirase os días 16 e 18 de maio de 18:00-20:00 horas.

Programa

Bloque 1: Taller presencial

“Presentación do grupo e do contorno virtual de aprendizaxe” (2 horas)

A sesión será fundamentalmente práctica, a partir da presentación, de xeito sintético, dos principios teóricos do tema formularanse unha serie de actividades (individuais e en grupo) que se compartirán ao longo da sesión de traballo.

Obxectivos:

  • Dar a coñecer os obxectivos, contidos e actividades do curso.
  • Coñecer os participantes do curso.
  • Coñecer o funcionamento da plataforma virtual.


Bloque 2: Taller virtual

“Introdución á creación de materiais e recursos didácticos para a docencia online” (16 horas)

Terá unha duración de 16 horas e desenvolverase na plataforma Moodle (FaiTIC) da Universidade de Vigo, por medios asíncronos. Disporase dun material de lectura e consulta e estableceranse unha serie de actividades para realizar neste período de tempo.

Obxectivos:

  • Coñecer as características e posibilidades do ensino virtual.
  • Adquirir os coñecementos necesarios para deseñar e estruturar os contidos dunha materia virtual.
  • Coñecer as características máis relevantes para un bo material escrito para a docencia virtual.
  • Achegar ideas e solucións para activar a implicación do alumnado no curso.
  • Coñecer cales son as funcións e os cambios do rol docente na virtualidade.

 

Contidos:

  1.  
    1. A teleformación. Características, vantaxes, inconvenientes, modelo educativo.
    2. Como elaborar un modelo de curso. A interactividade. A estrutura do curso. A estrutura das unidades de aprendizaxe. Proposta dun modelo de unidade de aprendizaxe. Aplicación práctica
    3.   Pautas para o deseño de contidos en contornos virtuais. Extensión dos contidos. Escribir para a web. Requisitos mínimos de redacción. Como mellorar a comprensión. Características tipográficas do texto. Formato dos contidos. Normas para as referencias bibliográficas. Consellos para facer o curso máis atractivo e fácil de usar
    4. Cómo facer traballar ao alumnado: actividades e avaliación.
    5. Novos roles e funcións docentes nos contornos virtuais de aprendizaxe.


Bloque 3: Taller presencial

“Compartindo a experiencia nos entornos virtuais” (2 horas)

Compartimento de experiencias, coñecementos e propostas en ambientes virtuais e reflexión sobre elas.

Obxectivos:

  • Promover o intercambio de información entre o profesorado, compartindo a experiencia e o coñecemento.


Bloque 4: Taller presencial

“Peche do curso” (2 horas)

A última sesión presencial destinarase a efectuar un resumo do curso, así como a aclarar calquera dúbida sobre os contidos do mesmo.

Obxectivos:

  • Aclarar dúbidas, debatir propostas e elaborar conclusións.

Impartido en

O día 25 de abril na aula de informática da Biblioteca e os días 16 e 18 de maio na aula 2.1 do Edificio Facultades.

Campus de Ourense

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:


A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan ás tres sesións presenciais completas, participen satisfactoriamente na parte virtual e participen de modo activo a través do foro.

Profesorado

SONIA ÁLVAREZ LÓPEZ

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos