Aplicacións Educativas da Web 2.0 (Campus de Ourense)

Información do curso

Aplicacións Educativas da Web 2.0 (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP1710
Nome Aplicacións Educativas da Web 2.0 (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

Na actualidade a Web está sufrindo unha profunda transformación. Existen cada vez máis ferramentas que permiten crear contidos de xeito sinxelo e compartilos con outros usuarios da rede (blogger, wikispaces, slideshare, del.icio.us, bloglines, flickr,... ). A nova Web 2.0 supón unha nova formar de deseñar, usar e pensar en Internet. Os usuarios pasan de ser consumidores de información a participar activamente na construción de contidos. Estes cambios tamén se están reflectindo no mundo educativo, onde estas ferramentas se están a utilizar cada vez máis. Dous exemplos significativos son os blogs e os wikis, aplicacións que se poden integrar nas actividades docentes e que facilitan a aprendizaxe colaborativa.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso “Aplicacións Educativas da Web 2.0” insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade e a súa Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 27/01/2011 12:00 - 27/03/2011 23:59
Período de docencia 29/03/2011 - 13/04/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  •   Coñecer as características e posibilidades da nova Web 2.0
  •   Revisar exemplos de aplicacións e ferramentas de interese
  •   Analizar as utilidades educativas destas ferramentas
  •   Aprender a crear blogs e wikis

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

29 e 30 de marzo e 1, 5, 6, 8, 12 e 13 de abril de 16:00 a 18:30

Programa

  1. Fundamentos da Web 2.0
    • 1.1   Introdución
    • 1.2   Evolución da Web
    • 1.3   Que é a Web 2.0?
    • 1.4   Características da web 2.0
    • 1.5   Web 2.0 e educación
  2. Exemplos de Ferramentas da Web 2.0
    • 2.1   Google: grupos, docs, calendar, gtalk..
    • 2.2   Presentacións (Slideshare)
    • 2.3   Marcadores sociais (Mister-Wong, CiteULike)
    • 2.4   Redes Sociais: xing
    • 2.5   Sindicación de contidos (RSS)
      1. Agregadores de contidos: Google reader
      2. Páxinas de inicio: Netvibes
  3. Fundamentos dos Blogs
    • 3.1   Introdución
    • 3.2   Concepto de Blog
    • 3.3   Características
    • 3.4   Elementos dun Blog
    • 3.5   Uso didáctico: Edublogs
    • 3.6   Buscadores de Blogs
  4. Creación dun blog en Blogger
    • 4.1   Creación dunha conta
    • 4.2   Configuración inicial
    • 4.3   Creación de entradas
    • 4.4   Comentarios
    • 4.5   Personalización do deseño
    • 4.6   Configuración
    • 4.7   Contidos Multimedia (Presentacións, videos...)
    • 4.8   Sindicación
    • 4.9   Outros complementos
  5. Wikis
    • 5.1   Introdución
    • 5.2   Concepto de wiki
    • 5.3   Características
    • 5.4   Creación de Wikis
    • 5.5   Usos didácticos
    • 5.6   Wikis e Blogs
  6. Creación dun Wiki en TEMA (Claroline)
    • 6.1   Crear un novo wiki
    • 6.2   Como crear y editar novas páxinas
    • 6.3   Cambios recentes
    • 6.4   Historial dunha páxina
    • 6.5   Sintaxe wiki
    • 6.6   Utilidades docentes dun wiki (batería de preguntas, FAQ, …)
  7. Creación dun Wiki en Wikispaces
    • 7.1   Rexistro e creación dun Wiki
    • 7.2   Configuración inicial
    • 7.3   Creación de páxinas
    • 7.4   Historial de cambios. Reverter páxinas
    • 7.5   Inserción de imaxes e arquivos
    • 7.6   Ligazóns
    • 7.7   Menú de navegación
    • 7.8   Elementos multimedia
    • 7.9   Administración

Impartido en

Aula de Informática da Biblioteca Central

Campus de Ourense

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan a sete sesións completas das oito que ten o curso.

Profesorado

PEDRO CUESTA MORALES

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos