Das teorías pedagóxicas á práctica docente no marco do EEES (Campus de Ourense)

Información do curso

Das teorías pedagóxicas á práctica docente no marco do EEES (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP6004
Nome Das teorías pedagóxicas á práctica docente no marco do EEES (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

Este curso está orientado a identificar de forma práctica as estratexias metodolóxicas no proceso ensino-aprendizaxe no EEES dende unha perspectiva crítica, resolutiva e participativa.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de "Das teorías pedagóxicas á práctica docente no marco do EEES" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 24/01/2011 12:00 - 22/03/2011 23:59
Período de docencia 24/03/2011 - 25/03/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  1. Identificar os elementos metodolóxicos clave previos, durante a situación de aula e posterior a esta.
  2. Achegar solucións creativas ás novas situacións de ensino-aprendizaxe.
  3. Examinar criticamente o proceso de ensino-aprendizaxe na sociedade da información.
  4. Identificar as posibles accións prácticas a emprender a partir da reflexión sobre os novos roles do profesorado universitario.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición

Calendario

O curso celebrarase os días:

24 e 25 de marzo de 10:00 a 14:00

Programa

  1. O vello e o novo na educación universitaria: unha perspectiva crítica.
  2. Elementos clave da metodoloxía didáctica no EEES.
  3. O rol do profesorado universitario, é posible gozar do proceso ensino-aprendizaxe hoxe?
  4. Do "problema" á "oportunidade" na situación de aula. Estratexias e habilidades docentes.

     

Impartido en

Aula 3.1 Edificio Facultades

Campus de Ourense

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan a todas as sesións completas que ten o curso.

Profesorado

BERTA PAZ LOURIDO

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos