Deseño técnico e didáctico dun e-portfolio (Campus de Ourense)

Información do curso

Deseño técnico e didáctico dun e-portfolio (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP1407
Nome Deseño técnico e didáctico dun e-portfolio (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 24
Descrición

Capacitar ao profesor/a para integrar o uso dun e-portfolio no proceso de ensino e aprendizaxe utilizando o apoio dun contorno social de aprendizaxe.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso "Deseño técnico e didáctico dun e-portfolio" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade e a súa Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/01/2011 12:00 - 27/02/2011 23:59
Período de docencia 01/03/2011 - 22/03/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  1. Obxectivos xerais:
    • 1   Aprender a utilizar, deseñar e valorar o uso dun portfolio no proceso de ensino-aprendizaxe.
      1. No EEES tanto estudantes como profesores/as deberán afrontar novos Roles. Para conseguir unha aprendizaxe enfocada nas competencias será preciso a utilización das TIC, para facilitar o traballo de Profesorado e Estudantes. Neste contexto o e-portfolio é unha ferramenta formativa e de avaliación onde a reflexión é a novidade máis característica. Un elemento que proporciona cualidade ao proceso de ensino-aprendizaxe.
      2. A finalidade do curso é facilitar ao profesorado unhas competencias técnicas e metodolóxicas na creación e utilización dun e-portfolio utilizando o soporte dunha materia virtual.
      3. Introduciranse os elementos básicos e os pasos necesarios para a construción dun e-portfolio.
      4. Analizaranse de forma práctica as diferentes ferramentas ao dispor do profesor/a nunha plataforma de aprendizaxe virtual e que son de interese para a construción dun e-portfolio.
      5. A partir dunha acción formativa presencial con soporte virtual proporase un modelo de actuación que aborde a construción e uso dun e-portfolio.
  2. Obxectivos específicos:
    • 2.1   Contidos: (saber) Comprender os elementos básicos que configuran un portfolio no marco do EEES: Evidencias, Reflexion, Decisions, Competencias e Rubricas.
      1. Comprender os distintos elementos que integran un e-portfolio.
      2. Coñecer as características da avaliación formativa-sumativa.
      3. Comprender un sistema de avaliación mediante rúbricas.
      4. Comprender o papel da reflexión sobre a aprendizaxe.
    • 2.2   Procedementos: (saber facer) Qué fases require o proceso de elaboración dun e-portfolio.
      1. Saber establecer as actividades-competencias integradas nun Contorno Virtual.
      2. Saber establecer un método de avaliación formativa mediante rúbricas.
      3. Saber establecer un proceso de reflexión sobre a aprendizaxe conseguida.
      4. Construír un proceso reflexivo de ensino-aprendizaxe (E/A) no marco do EEES a través dun e-portfolio.
    • 2.3   Actitudes: (saber estar) Favorecer o desenvolvemento dos novos roles docentesinvestigadores dentro do EEES mediante a utilización dos Contornos Virtuais de Aprendizaxe.
      1. Favorecer unha actitude positiva cara á Reflexión do proceso E/A.
      2. Compromiso ético na Organización do proceso de Ensino-Aprendizaxe.
      3. Fomentar a sensibilidade cara aos valores propios da Docencia favorecendo as actitudes á innovación.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

1, 3, 10, 15, 17 e 22 de marzo de 10:00 a 14:00

Programa

  1. Módulo 1.
    • 1.1   Introdución á Cultura do e-portfolio.
    • 1.2   Fases do e-portfolio.
  2. Módulo 2.
    • 2.1   Competencias e Actividades.
    • 2.2   As Evidencias.
  3. Módulo 3.
    • 3.1   Estratexias de Avaliación.
    • 3.2   Deseño de Rúbricas.
  4. Módulo 4.
    • 4.1   Reflexión e Feedback.
    • 4.2   Publicación do e-portfolio.

Impartido en

Aula de Informática da Biblioteca Central

Campus de Ourense

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a dez sesións completas das doce que ten o curso (cada sesión equivale a dúas horas), e cubran uns contidos mínimos do 80% das actividades marcadas polo responsable do curso.

Profesorado

JOSÉ VICENTE NOVEGIL SOUTO

Profesor titular da Universidade de Vigo

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos