Planificación e deseño dunha materia na plataforma TEMA dende unha perspectiva pedagóxica-práctica (Campus de Vigo)

Información do curso

Planificación e deseño dunha materia na plataforma TEMA dende unha perspectiva pedagóxica-práctica (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP4005
Nome Planificación e deseño dunha materia na plataforma TEMA dende unha perspectiva pedagóxica-práctica (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 18
Descrición

O curso "Planificación e deseño dunha materia na plataforma TEMA dende unha perspectiva pedagóxica-práctica" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade e a súa Área de Formación e Innovación Educativa.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O programa TEMA nace co obxectivo de ser un complemento virtual da docencia presencial. Dentro deste programa, o profesorado administra o contido das súas materias, mediante a utilización das ferramentas que a plataforma pon a súa disposición. O curso pretende introducir ao profesorado no uso e manexo da plataforma para a súa labor docente.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 21/12/2010 17:00 - 13/02/2011 23:59
Período de docencia 15/02/2011 - 23/02/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo que posúe un coñecemento elemental ou non conta con experiencia na plataforma TEMA.

Obxectivos

  •  Adquirir nocións prácticas sobre o uso e funcionamento das distintas ferramentas dispoñibles na plataforma Claroline para o deseño, a publicación e a administración de cursos virtuais (de apoio á docencia presencial, semipresencial ou exclusivamente virtual).
  •   Planificar, deseñar e elaborar material docente para unha materia empregando a plataforma TEMA.
  •   Presentar distintas experiencias de aplicación e uso da plataforma.
  •   Intercambiar, entre o profesorado, experiencias sobre o uso da plataforma TEMA no ensino universitario.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

15 e 22 de febreiro de 16:00 a 20:00

23 de febreiro de 16:00 a 18:00

Programa

O curso desenvolverase en modalidade semipresencial e terá un carácter eminentemente práctico. Na parte sobre Planificación e deseño dunha materia na plataforma TEMA asignaráselle a cada docente un espazo de proba na plataforma Claroline para que inicie a montaxe do seu curso e practique con cada un dos recursos que se vexan.

1. Planificación e deseño dunha materia na plataforma TEMA dende unha perspectiva pedagóxica-práctica: :

1ª sesión presencial (4 horas)

Manexo da plataforma a través de exercicios prácticos (proporcionarase ao profesorado unha descrición, exercicio, cuestionario, glosario, etc. para que aprenda a empregar os distintos recursos da plataforma).

Obxectivos:

  • Publicar información e propor actividades utilizando os seguintes recursos: descrición, axenda, anuncios, documentos, exercicios, cuestionario, foro, glosario, etc..


Parte virtual (8 horas)

Elaborar un plan para un módulo xeral onde se inclúa o programa da súa materia e toda a información que o docente considere pode servir para o funcionamento xeral do curso. Ademais, deben elaborar unha unidade didáctica (módulo, capítulo) con: obxectivo(s), lecturas ou material dispoñible, actividades, avaliación, etc. Partindo deste plan deben realizar un guión no que se especifique os recursos de Claroline que van utilizar para publicar os distintos compoñentes do módulo xeral de introdución e da unidade didáctica.

Obxectivos:

  • Realizar un guión onde especifique que ofrecerá ao seu alumnado (lecturas, actividades, referencias, etc.) e a través de que recursos de Claroline.


2ª sesión presencial (4 horas)

Os docentes terán que trasladar o guión elaborado previamente á plataforma Claroline. Por último, haberá unha exposición do traballo ao resto dos compañeiros.

2. Experiencias do profesorado sobre o uso da plataforma TEMA na Universidade de Vigo:

3ª sesión presencial (2 horas)

O obradoiro basearase na exposición do profesorado, así como no debate e a análise en grupo. Coloquio. Aclarando dúbidas e debatindo sobre temas relacionados.

Impartido en

As sesións do 15 e 22 de febreiro na Aula de informática C da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A sesión do 23 de febreiro terá lugar no Seminario A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Campus de Vigo

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a catro sesións completas das cinco que ten o curso. (Cada sesión equivale a dúas horas).

Profesorado

SONIA ÁLVAREZ LÓPEZ

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos