Aplicacións Educativas da Web 2.0 (Campus de Vigo)
Información do curso
Aplicacións Educativas da Web 2.0 (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPP1709 | ||||
Nome | Aplicacións Educativas da Web 2.0 (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Na actualidade a Web está sufrindo unha profunda transformación. Existen cada vez máis ferramentas que permiten crear contidos de xeito sinxelo e compartilos con outros usuarios da rede (blogger, wikispaces, slideshare, del.icio.us, bloglines, flickr,... ). A nova Web 2.0 supón unha nova formar de deseñar, usar e pensar en Internet. Os usuarios pasan de ser consumidores de información a participar activamente na construción de contidos. Estes cambios tamén se están reflectindo no mundo educativo, onde estas ferramentas se están a utilizar cada vez máis. Dous exemplos significativos son os blogs e os wikis, aplicacións que se poden integrar nas actividades docentes e que facilitan a aprendizaxe colaborativa. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813596 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso “Aplicacións Educativas da Web 2.0” insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade e a súa Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 20/12/2010 12:00 - 18/01/2011 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 20/01/2011 - 27/01/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Coñecer as características e posibilidades da nova Web 2.0
- Revisar exemplos de aplicacións e ferramentas de interese
- Analizar as utilidades educativas destas ferramentas
- Aprender a crear blogs e wikis
Criterios de selección
Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.
Calendario
O curso celebrarase os días:
20, 24, 25, 26 e 27 de xaneiro de 10:00 a 14:00
Programa
- Fundamentos da Web 2.0
- 1.1 Introdución
- 1.2 Evolución da Web
- 1.3 Que é a Web 2.0?
- 1.4 Características da web 2.0
- 1.5 Web 2.0 e educación
- Exemplos de Ferramentas da Web 2.0
- 2.1 Google: grupos, docs, calendar, gtalk..
- 2.2 Presentacións (Slideshare)
- 2.3 Marcadores sociais (Mister-Wong, CiteULike)
- 2.4 Redes Sociais: xing
- 2.5 Sindicación de contidos (RSS)
- Agregadores de contidos: Google reader
- Páxinas de inicio: Netvibes
- Fundamentos dos Blogs
- 3.1 Introdución
- 3.2 Concepto de Blog
- 3.3 Características
- 3.4 Elementos dun Blog
- 3.5 Uso didáctico: Edublogs
- 3.6 Buscadores de Blogs
- Creación dun blog en Blogger
- 4.1 Creación dunha conta
- 4.2 Configuración inicial
- 4.3 Creación de entradas
- 4.4 Comentarios
- 4.5 Personalización do deseño
- 4.6 Configuración
- 4.7 Contidos Multimedia (Presentacións, videos...)
- 4.8 Sindicación
- 4.9 Outros complementos
- Wikis
- 5.1 Introdución
- 5.2 Concepto de wiki
- 5.3 Características
- 5.4 Creación de Wikis
- 5.5 Usos didácticos
- 5.6 Wikis e Blogs
- Creación dun Wiki en TEMA (Claroline)
- 6.1 Crear un novo wiki
- 6.2 Como crear y editar novas páxinas
- 6.3 Cambios recentes
- 6.4 Historial dunha páxina
- 6.5 Sintaxe wiki
- 6.6 Utilidades docentes dun wiki (batería de preguntas, FAQ, …)
- Creación dun Wiki en Wikispaces
- 7.1 Rexistro e creación dun Wiki
- 7.2 Configuración inicial
- 7.3 Creación de páxinas
- 7.4 Historial de cambios. Reverter páxinas
- 7.5 Inserción de imaxes e arquivos
- 7.6 Ligazóns
- 7.7 Menú de navegación
- 7.8 Elementos multimedia
- 7.9 Administración
Impartido en
Aula de informática A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Campus de Vigo
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan a oito sesións completas das dez que ten o curso (cada sesión equivale a dúas horas).
Profesorado
PEDRO CUESTA MORALES