Técnicas para a aprendizaxe activa no ensino superior (Campus de Vigo)

Información do curso

Técnicas para a aprendizaxe activa no ensino superior (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP6104
Nome Técnicas para a aprendizaxe activa no ensino superior (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A través desta actividade preténdese desenvolver a competencia de dominar as diferentes técnicas de aprendizaxe activa.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de "Técnicas para a aprendizaxe activa na educación superior " insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/12/2010 17:00 - 30/01/2011 23:59
Período de docencia 01/02/2011 - 01/03/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  1. Prepararse no coñecemento e uso das metodoloxías activas en todas as situacións de ensino-aprendizaxe.
  2. Coñecer e utilizar con seguridade diferentes técnicas de aprendizaxe activa na dinámica do proceso de ensino-aprendizaxe no contexto do ensino superior.
  3. Realizar unha coordinación eficiente das ensinanzas e mellorar a eficacia das metodoloxías e recursos para a formación dos estudantes.
  4. Favorecer o seguimento da actividade docente na aula aplicando ferramentas e metodoloxías dende unha materia concreta.

     

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición

Calendario

1, 8, 15 e 22 de febreiro e 1 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.

Programa

Recursos e fontes de documentación

1. Aclaración conceptual

2. Diferentes técnicas:

   a. Técnicas de grupo

   b. Aprendizaxe por proxectos, problemas ou estudo de casos

   c. Autoaprendizaxe guiada

   d. Titoría de pares

   e. Clase maxistral

3. Recomendacións para a avaliación

Impartido en

A sesión do 1 de febreiro na Sala IV do Edificio Miralles

O resto das sesións na Aula G da E.T.S.E. Industriais

Campus de Vigo

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan a oito sesións completas das dez que ten o curso (cada sesión equivale a dúas horas).

Profesorado

MARGARITA PINO JUSTE

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos