Técnicas de comunicación en público (Campus de Vigo)

Información do curso

Técnicas de comunicación en público (Campus de Vigo)


Tipo Innovación docente
Código PFNP1301
Nome Técnicas de comunicación en público (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición Trátase dun curso dirixido a profesores que necesitan dirixirse a un público e polo tanto desexan gañar confianza e mellorar a súa expresión vocal e corporal sacando o máximo desenvolvemento ás súas exposicións.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de "Técnicas de comunicación en público" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 22/12/2009 17:00 - 21/01/2010 23:59
Período de docencia 25/01/2010 - 05/02/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os matriculados e matriculadas no Curso de Iniciación á Formación para a Docencia Universitaria.

Obxectivos

  •   Toma de conciencia dos hábitos posturales e exploración das posibilidades expresivas do corpo.
  •   Adestramento da voz. Técnicas de emisión e proxección vocal. Análise e manexo do espazo de acción e a posta en escena.
  •   Detectar e superar as dificultades e inseguridades que se presentan ao falar en público favorecendo unha comunicación eficaz.
  •   Saber mostrar seguridade, convicción e credibilidade ante o grupo de persoas que nos diriximos. Construír un discurso con eficacia.

Profesorado

ALFONSO RIVERA

Programa

  1. A respiración.
  2. O corpo.
  3. A voz.
  4. O espazo.
  5. A comunicación.

Calendario

O curso celebrarase os días:

25 e 27 de xaneiro e 1, 2 e 3 de febreiro de 16:00 a 20:00

Impartido en

Salón de Graos Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Campus de Vigo

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a oito sesións completas das dez que ten o curso. (Cada sesión equivale a dúas horas).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos